Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: O zoo de cristal

De Tennessee Williams, adaptación de Eduardo Galán.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 12/02/2016 ás 20:30 , 13/02/2016 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Duración:

110 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xoven, + 65 anos, desempregados, -20%)

Televenda:

Ticketea

Década 1939: anos da Gran Depresión en Estados Unidos tras o "crack" da bolsa de Nova York. Crise económica como a que padecemos agora en España.

A acción xira ao redor da familia de Amanda Wingielfd, unha muller sureña de boa familia vida a menos por un matrimonio mal elixido: un marido, empregado da telefónica, que a abandona con dous nenos pequenos.

Cando sobe o pano, o fillo maior, Tom, con xa vinte anos, soña con ser escritor, con vivir unha vida diferente lonxe da zapatería na que traballa de dependente e do abafo familiar que supoñen a súa nai e a súa irmá Laura, que padece unha coxeira e unha falta de autoestima enorme. Tom, trasunto do propio Tennessee Williams, debátese entre a necesidade de afastarse da casa ou a de atender á súa familia... E Amanda preocupada por atoparlle unha saída profesional a Laura, o que non é fácil polas súas dificultades para estudar...

Aparvada pola falta de medios económicos, Amanda verase obrigada a buscarlle un noivo, o que fará que a obra se desenvolva por camiños inesperados, onde a tenrura e o humor se dan cita desde as primeiras escenas.

Con Silvia Marsó, Carlos García Cortázar, Alejandro Aretegui, Pilar Gil

Director: Francisco Vidal

Coprodución de Teatro Español, Secuencia 3, Pedro Hermosilla Management e Som Produce.

Duración estimada: 110 minutos

Venda de entradas soltas a partir do 13 de xaneiro

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión