Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: O discurso do rei

Zebra Producciones abre o novo ciclo de teatro co discurso do rei protagonizado por Adrián Lastra.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 29/01/2016 ás 20:30 , 30/01/2016 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Duración:

120 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xoven, + 65 anos, desempregados, -20%)

Televenda:

Ticketea

De David Seidler, versión de Emilio Hernández.

Os felices anos vinte dan paso aos convulsos trinta, Europa prepárase para unha guerra inminente que todos tentan eludir e cara á que avanzan directos.

Bertie atópase, lonxe das súas intencións, como o seguinte na liña sucesoria ao trono do Imperio Británico, tras a renuncia do seu irmán maior. Ao mesmo tempo que as grandes potencias se arman, Bertie prepárase para enfrontarse ao reto da súa vida, que implica reinar.

Atafegado polo peso da súa indesexada tarefa, e para a que nunca se preparou, Bertie non só ten que lidar co peso das expectativas dos seus intranquilos súbditos, se non que se enfronta a un problema persoal de desproporcionadas magnitudes. Un defecto na fala complica a súa situación como inexperto Xefe de Estado.

Tras unha serie de desastrosos discursos aparece Lionel, un home que con poucas conviccións monárquicas, se sitúa como o seu mellor amigo e peza fundamental para superar o enorme reto. Producir un discurso que pretende levantar a maltreita moral do pobo inglés.

Esta é a historia das contradicións do poder xenético, da loita contra un mesmo e de como un home alentou a un país para ir á guerra da cal dependería o rumbo da historia.

Con Adrián Lastra, Ana Vila, Roberto Álvarez, Gabriel Garbisu, Lola Marceli, Ángel Savín.

Coreografía: Fuensanta Morales

Dirección e espazo escénico: Magüi Mira

Zebra Produciones

Duración estimada: 120 minutos

Venda de entradas soltas a partir do 13 de xaneiro.

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión