Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal - Baños Roma

Teatro Línea de Sombra (México, Ciudad Juárez)

Cando:

06/04/2014 ás 00:23

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

8'50, 11'00, 14'00, 18'00 €.

(carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Teatro Línea de Sombra é unha compañía mexicana de gran proxección internacional, creada en 1993 e dedicada á creación contemporánea mediante a converxencia de linguaxes visuais, obxectos do teatro físico e un forte compromiso coa realidade da súa contorna. A partir dun relato aleatrorio e transversal dun ex-campión mundial de boxeo José Ángel Mantequilla Nápoles, constrúese un espectáculo que fala da violencia que padece Ciudad Juárez e que, por extensión, percorre toda a sociedade mexicana.

Ao final todas estas pezas configuran unha sombra onde se adiviña un rostro e unha figura desvélase ata a alba fumando habanos nunha rúa solitaria de Ciudad Juárez. Se despregásemos sobre unha mesa de traballo os materiais desta experiencia, teriamos como resultado unha vasta acumulación de obxectos atopados, de encabezados de prensa, de relatos reais e apócrifos, de relatos inconclusos, de imaxes capturadas, na prema do instante; e todo isto apenas alcanza para debuxar os contornos da sombra dun home, dun lugar e dunha cidade.

Non esperemos que as cousas sucedan no espectáculo como se esperaría dun documental ou un retrato desas realidades, senón a incerteza coa que se intenta expresar aquilo que fai que un recordo se albergue na memoria.

 

Con Zuadd Atala, Alejandra Antígona, Jorge León, Alicia Laguna, Malcom Vargas, Jesús Cuevas.

Dirección: Jorge A. Vargas.

 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: día de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión