Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Carmela Toda la vida" - El retablo Títeres

Carmela é unha anana case calva que se namora de todo o mundo.

A quen vai dirixido?:

+ 6 anos

Cando:

29/12/2014, de 00:01 a 17:30

Xa rematou

Horario:

17.00 horas

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Fundación María José Jove. Rúa Galileo Galilei (Edificio Work Center) 6. 15008 A Coruña

Prezo:

3.00 euros (abono 3 familiar: 6.00 euros)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Fundación María José Jove - IMCE

O gran soño de Carmela é atopar a alguén que a queira de verdade e para toda a vida. Unha vidente profetízalle: "Equivocaraste moitas veces, pero ao final, o home que elixas amarate tanto que regresará do máis alá para seguirte querendo". Nas súas peripecias por conseguir noivo cortexa a un mariñeiro, un astronauta, un ciclista e un sapo, pero ningún a quere de verdade.

Finalmente coñece á súa media laranxa: Tomás, o dono dun circo. Namóranse...

Cuns personaxes producidos con teas, a forza deste espectáculo céntrase nun guión cargado de tenrura e humor; e na representación de accións divertidas realizadas con enxeño e simplicidade.

 

Entradas: 3 € (abono 3 familiar: 6 €)

 

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 (pagos en efectivo)

- Despacho da Fundación María José Jove e Fórum Metropolitano: día do espectáculo dende 1 h antes (pagos en efectivo)

- Sede Afundación: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión