Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos de Nadal Contos do revés

Proposta de campamento urbano no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora, nas datas non lectivas de Nadal.

A quen vai dirixido?:

Nenas e nenos nados entre 2004 e 2012, agrupados por idades.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

Dende o 22/12/2016 ata o 05/01/2017

Xa rematou

Inscricións:

Na conserxería do Fórum Metropolitano ou de Ágora, a partir do 28 de novembro, ata cubrir as prazas, é necesario facer a inscrición no centro no que se desexe realizar o campamento. En horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir as prazas, 50% en horario de mañá (55) e 50% en horario de tarde (55). Admitiranse 3 fichas por persoa, excepto no caso de ser irmáns, no que se recollerán todas as fichas. Número de prazas: 110 nenas/os por centro, distribuídos en 6 grupos e agrupados por idades.

Horario:

Desde as 10.00 ás 14.00 h, os días indicados. Coa posibilidade de ampliación horaria para a conciliación familiar: de 9.00 a 10.00 h.

Prezo:

Campamento: 35 € - Coa ampliación horaria: 40 €

Contacto:

Fórum Metropolitano: 981 184 293

Centro Ágora: 981 189 888

 

Documentos:

Dossier Campamentos Nadal 2016 (347 KB)

Contos do revés é unha homenaxe a Roald Dahl (Cardiff, 1916 - Oxford, 1990) polo 100 aniversario do seu nacemento. Seguro que lembrades con agarimo as obras deste novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa, famoso como escritor para nenos e adultos. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, Yago e o pexego xigante, Matilda, As bruxas e Muá, Muá.
Por este motivo transformaremos o mundo nun gran conto cada día, con personaxes divertidos, fantasiosos e máxicos. Dunha forma amena soñaremos e riremos cos seus contos, e os títulos da infancia de varias xeracións continuarán nos nosos fillos e fillas.

Duración:
Os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro do 2017.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión