As persoas que tiveron a sorte de asistir a unha función de teatro para bebés adoitan amosar interese por repetir a experiencia. A emoción que destilan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.
Para público en xeral
Dende o 25/02/2024 ata o 12/05/2024
11.30 e 13.00 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pedir puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (agás auga).
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Capacidade reducida.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
agora@coruna.gal
As obras para espectadoras/es tan precoces reúnen algúns requisitos. Un deles é a proximidade entre a escena e ou público, o que leva a que o patio de butacas se transforme nunha zona pegada ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos..., onde meniñas e nenos poden permanecer sentados con menos rigor e dun xeito máis acorde á súa anatomía, a carón das súas familias. O segundo requisito é a duración, que flutuar entre 30 e 45 minutos, que é o tempo que a atención dun bebé pode fixarse na actividade.
As propostas que presentamos este ano son moi variadas: con ou sen palabras, con obxectos, con música, con movemento, con efectos audiovisuais... Todas pretenden espertar sensibilidades e transmitir emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.
"Porque os nenos e as meniñas merecen e necesitan que a arte forme parte das súas vidas; porque as artes escénicas contribúen á súa formación emocional, a desenvolver a empatía e a xerar sociedades máis xustas. Merecen poder emocionarse e gozar con contidos de calidade que lles falen da realidade da que eles e elas son partícipes. Merecen un mundo cheo de arte". (ASSITEJ España. Artes Escénicas para a Infancia e a mocidade).
VENDA DE BILLETES
PAGAMENTOS: no despacho de billetes da praza de Ourense, do Ágora e na televenda con tarxeta de débito ou de crédito, agás American Express.
MÁIS INFORMACIÓN www.coruna.gal/cultura
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible