LOCALIDADES ESGOTADAS PARA AS DÚAS FUNCIÓNS
Familias
08/05/2016
Xa rematou
11.00 e 12.30 h
45 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
6,00 euros (abono 3 familiar: 15,00 euros) (o abono inclúe como mínimo un adulto e un menor)
Os menores de 3 anos que non ocupen asento non pagan entrada.
Capacidade reducida.
BB Circus é a historia do soño dun neno. O pequeno Martín está medrando e descubrindo as pequenas posibilidades que van aparecendo no seu mundo. Aprende saltando, perfeccionando as súas piruetas acrobáticas e ata vai á escola camiñando sobre as súas mans. Martín baila pompas de xabón, fai malabarismos con todo tipo de obxectos e gústalle observar a natureza. Sorpréndese do crecemento das flores e salta cos animais que atopa no seu camiño, coma Rufino, un paxaro que fala e no que encontra o sentido da amizade.
BB Circus é un espectáculo no que o novo circo e a música en directo conseguen atraer os máis pequenos e as súas familias a un mundo máxico.
Dirección: Juan Moredo
Intérpretes: Serxio Crespo Gómez, Joao Alvim e Araujo, Miriam Crespo Gómez
VENDA DE ENTRADAS
Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.20 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Agora: día do espectáculo dende 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Venda telefónica: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00; sábados de 14.00 a 22.00; domingos de 16.00 a 21.00 h)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible