Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Gramola Gominola - Concerto

Música para nen@s de 0 a 99 anos.

A quen vai dirixido?:

Público familiar (recomendado + 4 anos)

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

29/10/2016

Xa rematou

Horario:

17.00 e ás 19.00 h

      Prégase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permite o acceso á sala.

 

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6'00 € (abono 3 familiar, 15'00 € (inclúe como mínimo un adulto e un menor))

(Menores de 3 anos, 2'00 €)

   

Televenda:

Ticketea

Música e humor! Esta é a proposta da Gramola Gominola, un novo grupo de música infantil composto por músicos de bandas como Mamá Cabra, De VacasFesticultores Troupe ou Di Elas. Nos seus espectáculos fan unha didáctica viaxe pola historia da música onde o público poderá coñecer diferentes estilos que van dende o blues ao reggae, pasando polo pop, country, rock ou ska. Cunha posta en escena chea de enerxía, cor e momentos cómicos que gustará por igual a cativos e a maiores. 

Este repaso pola evolución da música moderna serve de fío condutor para falar de valores tan esenciais como a amizade, a natureza e os seus recursos, a familia... todos estes contidos nas súas letras.

O seu primeiro traballo homónimo, un libro-cd editado pola Editorial Galaxia en marzo de 2015, conta coa participación de grandes e recoñecidos artistas da escena galega como Mini e Mero, Luís Tosar, Gende Beat, Pablo Dalama ou Alberto Cereijo.

VENDA DE ENTRADAS

- DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE : de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

- DESPACHO DE BILLETES DO FÓRUM: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

- TELEVENDA: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h )

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión