Existen adiccións sen substancia ou comportamentais que non requiren dintrodución física no organismo senón que crean adicción no comportamento ou na conduta. Son consideradas neste nivel as adiccións aos videoxogos, ao sexo, ás redes sociais, ao móbil, Internet, compras, xogos etc. e supoñen a perda de control da persoa sobre determinada conduta relacionada con elas. En todos os casos, a percepción do problema será vista pola contorna próxima da persoa adicta pero a ela custaralle moito aceptar a súa situación.
Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) droga é toda substancia que introducida nun organismo vivo por calquera vía (inhalación, inxestión, intramuscular ou endovenosa) é capaz de actuar sobre o sistema nervioso central provocando unha alteración física e/ou psicolóxica, a experimentación de novas sensacións ou a modificación dun estado psíquico, é dicir, capaz de cambiar o comportamento da persoa, e que posúe a capacidade de xerar dependencia e tolerancia nesas súas persoas consumidoras.
Segundo esta definición, son drogas a marihuana, cocaína, pasta base, éxtase, heroína, tabaco, alcol e algúns fármacos.
O concepto de droga fai referencia a que a modificación pode ser prexudicial ou beneficiosa e que depende do tempo de administración e da dose e das características da persoa que a consome.
Para que unha droga sexa considerada como tal ten que cumprir as seguintes condicións:
O seu uso regular pode xerar procesos coñecidos como:
O seu abuso pode provocar distintos tipos de trastornos:
A que lle chamamos uso?
Enténdese por uso aquela modalidade de consumo na que, polo tipo de substancia consumida, pola cantidade ou polas circunstancias nas que se produce o consumo, non son probables consecuencias negativas inmediatas sobre a persoa ou sobre a súa contorna.
Esta é a situación máis habitual entre as persoas adolescentes e a mocidade que experimentan con drogas por curiosidade, por diversión ou para imitar os demais. Na maioría das ocasións o seu consumo non chega máis lonxe, nin presentan risco dun posible interese por substancias ou formas de consumo de maior risco. Trátase de consumos ocasionais e moderados, como os realizados por unha gran maioría de consumidores/as de alcol. Evidentemente, consumos esporádicos poden ocasionar reaccións de intoxicación aguda grave, aínda que non sexa o máis frecuente.
Os datos de consumo xuvenil de drogas legais (tabaco e alcol) e cannabis (haxix e marihuana) indican que practicamente a metade das persoas mozas se iniciou no consumo destas substancias, unha proporción superior á de xeracións anteriores.
No caso do alcol, a proporción de persoas consumidoras habituais destaca respecto ao resto de substancias. O consumo está amplamente estendido entre a poboación, sobre todo en Europa, con niveis de consumo superiores ao cincuenta por cento da mocidade cunha idade superior aos 15 anos.
No caso do tabaco, o inicio no consumo, variable entre rexións e países, pode chegar a afectar a dúas de cada cinco persoas novas e converterse nunha pauta habitual en, aproximadamente, unha de cada tres.
Máis das tres cuartas partes das persoas iniciadas no consumo de alcol deveñen en consumidoras habituais, e dous terzos das iniciadas no consumo de tabaco en fumadoras habituais.
No caso do cannabis, ao redor da metade de quen se inicia no seu consumo terminan sendo consumidores/as habituais de haxix e marihuana.
A que lle chamamos abuso?
Enténdese por abuso de drogas o seu uso inadecuado, susceptible de comprometer física, psíquica e/ou socialmente a evolución da persoa ou da súa contorna.
Esta forma de consumo non se refire unicamente á cantidade consumida dunha soa vez, nin á repetición dun consumo moderado e controlado de certas substancias.
Os riscos do abuso están relacionados co perigo específico do produto, cos danos para a saúde e coas consecuencias sociais do consumo.
Trátase dun concepto ambiguo, porque se relaciona estreitamente cos costumes propios de cada cultura. O que unha sociedade considera normativo nun momento da súa historia pode parecer abusivo para outra ou para a mesma nun momento diferente.
Falamos de abuso cando se dan as seguintes circunstancias:
Cando comeza a dependencia?
Fálase de dependencia naqueles casos nos que, tras un período de consumo variable, en función da substancia, se prioriza a relación coas drogas fronte a outras condutas consideradas máis importantes con anterioridade.
A vida cotiá xira prioritaria ou exclusivamente ao redor da procura e ao consumo da substancia. É entón cando se pode dicir que unha persoa é drogodependente.
Existen dous tipos de dependencia, asociadas ou non, que se caracterizan por síntomas xerais:
A dependencia psíquica
A privación dunha droga da que se é dependente provoca unha sensación de malestar e ansiedade que pode chegar á depresión. Unha vez que cesa o consumo, o individuo pode tardar en adaptarse a unha nova vida sen a substancia. Esta interrupción altera os seus costumes, deixa un baleiro e permite a reaparición do malestar que o consumo tentaba suprimir. Isto explica en gran medida as recaídas, que forman parte do lento proceso que permite consolidar unha vida sen relación problemática coas drogas.
A dependencia física
Algunhas drogas provocan dependencia física: o organismo reclama a substancia mediante a aparición de síntomas físicos que traducen un estado de carencia.
A privación dalgunhas drogas tales como os opiáceos, o tabaco, o alcol e certos psicofármacos xera un malestar físico que varía segundo a substancia de que se trate: dores cos opiáceos, tremores co alcol, convulsións cos barbitúricos e as benzodiacepinas. Estes síntomas poden ir acompañados de alteracións psicolóxicas (ansiedade, angustia...).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible