Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • CON-TACTO CON PALABRAS. PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL NO ÁMBITO ESCOLAR

Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos, sensacións ... e a súa incorporación de forma saudable ao seu hábitat emocional (regularización de emocións, prevención de ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.

  • O VALOR DO "NON, ¡EU PASO!"

Taller que ten por obxecto de fortalecer as habilidades e competencias para unha actitude crítica fronte ao consumo de sustancias e a xestión de posibles situacións de risco.

  • ENREDOS NA REDE

Taller que ten por obxecto favorecer decisións saudables no uso adecuado das redes e valorar a súa influencia nos comportamentos propios e alleos

  • ESO XA NON É UNHA BROMA: PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO

Taller que promove as habilidades persoais e o traballo cooperativo de quen participa, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e previr posibles situacións de ciberacoso e acoso escolar.

  • FUGA DE CEREBROS: HABILIDADES SOCIAIS FRONTE Ás ADICCIÓNS

Taller para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables, que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de sustancias adictivas.

  • INFILTRADOS/AS NA REDE

Taller que ten por obxecto facilitar información obxectiva para promover a análise sobre a influencia das redes sociais no comportamento e fomentar o seu uso dunha forma adecuada e sen riscos.

  • A MÁSCARA DAS DROGAS

Taller que ten por obxecto promover unha reflexión e actitude crítica que contribúa á toma de decisións saudables respecto ao consumo de sustancias en xeral e do consumo de alcol e cannabis en particular.

  • A MELLOR ESTRATEXIA DE XOGO

Taller que ten como obxectivo previr no alumnado o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.

  • A REDE E As súas REDES. PREVENCIÓN DE RISCOS ASOCIADOS Ao USO DA INTERNET

Este taller ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "habitat" con seguridade.

  • PREVENCIÓN, ABORDAXE E XESTIÓN DE CONFLITOS

Taller que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociales e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de sustancias adictivas e alcol en particular.

  • TALLER DE PREVENCIÓN NO USO DA INTERNET, REDES SOCIAIS E XOGOS INTERACTIVOS

Este taller ten como obxectivo a prevención do uso inadecuado de redes sociais e xogos interactivos, así como a súa derivación en condutas de risco asociadas (ludopatía).

  • VIDEOXOGOS E O seu DOMINIO

Taller que ten por obxecto promover a toma de decisións saudables no uso das redes sociais e os videoxogos, cunha metodoloxía baseada no uso de actividades TRICs.

  • "TI, EU E OUTROS/AS". PREVENCIÓN DO CONSUMO DE ALCOL E TABACO

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión