Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

VII Festival CinEOI Coruña

Imaxe dunha película
  • Inscricións:

    Ata 5 de abril de 2017

  • Requisitos:

    • O tema das curtametraxes é libre e a súa duración non superará os 10 minutos.
    • As obras deben ser creadas e producidas en lingua galega e poden incluír subtítulos nalgunha das linguas estudadas nas EOI. Non se admitirán pezas dobradas ao galego.
    • A obra presentarase en formato dixital e poderá realizarse con calquera medio de gravación (videocámara, cámara dixital, cámara de móbil, tableta, etc.).
    • Un mesmo autor poderá presentar ata a un máximo de dúas curtas.
    • Acéptanse traballos do 2016, sempre que non participasen xa no CinEOI Coruña Curtas.
    • Categorías:
      • Categoría absoluta, na que pode participar todo o alumnado matriculado no curso 2016-2017 en calquera das Escolas Oficiais de idiomas da provincia da Coruña e as súas seccións: EOI da Coruña, EOI de Santiago de Compostela e a EOI de Ferrol. Poden participar alumnado do IES Escola Imaxe e Son, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e o Conservatorio Profesional de Música da Coruña e Ferrol.
      • Categoría xuvenil, na que poden participar o alumno matriculado no curso 2016-2017 en ESO, Bacharelato e FP dos centros sostidos con fondos públicos do Concello da Coruña (agás o IES Escola de Imaxe e Son) e do IES Manuel Murguía de Arteixo.
      • Categoría infantil, na que poden participar estudantes de 3º ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato e FP dos centros públicos e concertados do Concello da Coruña e do IES Manuel Murguía de Arteixo.
    • Chega con que un dos autores ou compoñentes do equipo estea matriculado nun dos devanditos centros educativos.
  • Remuneración:

    Categoría absoluta

    • Mellor curta: curso de Interpretación ou de Cámara e Realización ou de Guión para dúas persoas impartido por Voz Audiovisual e valorados en 750 €
    • Premio "Ben Falado": 350 €
    • Mellor guión: 250 €
    • Mellor fotografía: 150 €
    • Mellor canción orixinal: 60 €
    • Premio de público: agasallos

    Categoría Xuvenil:

    • Premio "Ben Falado": lote de libros en galego valorados en 250 €
    • Primeiro premio
    • Segundo premio
    • Terceiro premio

    Categoría Infantil:

    • Premio "Ben Falado": lote de libros en galego valorados en 250 €

  • Páxina web:

    www.edu.coruna.es

  • Contacto:

    Escola Oficial de Idiomas
    R/ Pepín Rivero, 1
    15011 - A Coruña
    endl.corunha@gmail.com

  • Organizada por:

    Equipo de dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña

  • Documentos relacionados:

O Equipo de dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña convoca unha nova edición do Festival CinEOI Coruña co obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?