Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

Programas

Chaqueta colgada nunha percha, con estampado de letras formando palabras relacionadas co voluntariado como: compromiso, sensibilidade, etc.

 

ACCIÓN VOLUNTARIA NA CORUÑA

 

ACCIÓN VOLUNTARIA EN GALICIA

Programas de voluntariado postos en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado:

 

Programas de voluntariado na Universidade

 

OUTROS PROGRAMAS

CAMPOS DE TRABALLO

Os Campos de Traballo son actividades que se realizan durante o verán nas que grupos de mozos e mozas de diferentes procedencias se comprometen a colaborar de maneira desinteresada e voluntaria en traballos diversos e a participar nunha serie de actividades complementarias que favorecen e fomentan a convivencia, a participación, a tolerancia, a solidariedade e o intercambio cultural.

Son levados a cabo na nosa comunidade, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades ou organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

Normalmente son as Direccións Xerais de Xuventude das CC.AA. as encargadas de organizar a maior parte destes campos de traballo, no caso de Galicia é competencia, polo tanto, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Intenta estar pendente das convocatorias para coñecer a oferta anual e inscribirte dentro dos prazos establecidos.

Particularidades dos campos de traballo:

  • A apertura de prazos adoita ser cara ao mes de abril de cada ano.
  • É obrigatorio o pago da correspondente cota de inscrición, que cubrirá o aloxamento, a manutención e un seguro de accidentes de responsabilidade civil, por outra banda a viaxe sempre corre por conta dos participantes.
  • As idades para participar oscilan entre os 18 e os 30 anos, dependendo dos requisitos que para este aspecto estipule cada proxecto.
  • A súa duración varía entre 10 días e un mes (normalmente 2 ou 3 semanas).
  • A xornada laboral oscila entre as 35 e 40 horas semanais, quedando o tempo restante para realizar actividades de tempo libre, charlas, debates, visitas culturais, etc.
  • As tarefas que se van realizar son moi diversas:
    • Culturais (participación na organización de festas ou eventos culturais...)
    • Medioambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...)
    • De construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares de uso público...)
    • Sociais (traballo con nenos, maiores, discapacitados, marxinación e exclusión social...)
    • Arqueolóxicas (recuperación ou conservación de xacementos ou monumentos...)

Campos de traballo internacionais
Ademais dos xestionados a través das Direccións Xerais de Xuventude, existen outras organizacións sen ánimo de lucro que levan anos implicadas na organización destas actividades. A máis representativa é SCI (Servizo Civil Internacional)

Dende esta organización articulan campos de traballo seguindo un criterio xeográfico, de maneira que programan:

  • Campos de voluntariado: en contorno europeo e países mediterráneos e, en xeral, nos países desenvolvidos
  • Campos de solidariedade: en países do sur doutros continentes, en proxectos máis próximos á cooperación internacional

SERVIZO VOLUNTARIO EUROPEO

O Servizo de Voluntariado Europeo (SVE) é unha das Accións (concretamente a Acción 2) do Programa Juventud en Acción (anterior Programa Juventud) que lle permite a un/unha mozo/a participar activamente nunha organización que o/a acolle nun país diferente ao que reside e lle ofrece entrar en contacto con outras culturas, así como aprender outros idiomas para levar a cabo un labor de solidariedade e apoio á comunidade local, nun período máximo de 12 meses nun amplo campo de actividades de diversa índole.

Os voluntarios participarán nunha actividade non lucrativa e non remunerada a tempo completo, aínda que recibirán unha pequena asignación semanal ou mensual ademais de ofrecerlles aloxamento e pensión completa, co fin de que todos os gastos estean cubertos e o SVE resulte totalmente gratuíto para os participantes. Contarán tamén cun seguro de enfermidade, apoio lingüístico e a asistencia permanente dun titor.

Ao rematar o proxecto terán dereito a recibir un certificado Youthpass, que describe e valida a experiencia de aprendizaxe adquirida durante o proxecto. A través deste certificado, a Comisión Europea garante que a actividade de voluntariado sexa recoñecida como unha experiencia educativa e un período de aprendizaxe non formal e informal e poida influír favorablemente no futuro educativo ou no camiño profesional do participante.

Un proxecto SVE baséase na colaboración imprescindible de tres socios:

  • Voluntario/a 
  • Organización en envío 
  • Organización de acollida

Perfil do voluntario/a:

  • Mozo/a de entre 17 e 30 anos 
  • Residente legal nun país participante no programa ou asociado
  • Interesado nunha experiencia de cidadanía activa e educacional non formal 
  • Disposto a desenvolver as súas capacidades, adquirir habilidades e destrezas de carácter social, intercultural e de enriquecemento persoal. 

       Estes requisitos poderán variar no caso de solicitudes de mozos/as con menos oportunidades, posto que dentro das prioridades do Programa Xuventude en Acción está a de establecer medidas adecuadas para evitar a exclusión da mocidade con necesidades especiais, con estratexias destinadas a favorecer a participación de persoas procedentes de contextos culturais, xeográficos ou socioeconómicos menos favorecidos ou da mocidade con discapacidade.

Para presentar un proxecto ao Servizo de Voluntariado Europeo existen diversos camiños. Por propia iniciativa ou por medio dunha asociación nacional ou estranxeira.

Na primeira un voluntario e unha organización de envío poden poñerse en contacto coa organización de acollida a través da base de datos de organizacións acreditadas no SVE, para a segunda debe existir unha relación previa entre as entidades de envío e acollida.
       Lembra que un voluntario non pode solicitar un proxecto directamente, ten que contar sempre cunha organización de envío.

Para obter máis información consulta a sección ESPAZOS – EUROPA – Servicio Voluntario Europeo

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 | 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?