Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

Formación profesional básica

A Formación Profesional Básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais  de duración variable.

Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.

Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

CONDICIÓNS DE ACCESO:

  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
  • Ser proposto/a polo equipo docente.
  • Consentimento na nai, pai ou titoras/es legais.
  • Ter cursadoo 3º curso da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado o 2º curso.

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

TITULACIÓNS:

Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

Éste título permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio (o perfil de cada título indica os ciclos de grao medio con preferencia de acceso).

A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.

ONDE PODES CURSAR UN CICLO FORMATIVO BÁSICO:

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 | 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?