Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

215 resultados

  • Bolsas “Programa de Iniciación na Empresa 2024/1” da Fundación SEPI

    Inscricións:

    Ata o 14/04/2024

    A Fundación SEPI convoca as bolsas do Programa de Iniciación na Empresa 2024/1, co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas novas, universitarias ou de grao superior de formación profesional, sen experiencia profesional.

  • A Escola da Bici, cursos abril

    Cando:

    Dende o 03/04/2024 ata o 21/04/2024

    A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.

  • Bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos para o ano 2024

    Inscricións:

    Dende o 23/03/2024 ata o 16/04/2024

    ás 14 horas.

    A Deputación Provincial da Coruña convoca vinte e oito bolsas destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2024-2025.

  • Curso de iniciación á astronomía

    Cando:

    Dende o 06/04/2024 ata o 20/04/2024, os sábados

    A Agrupación Cultural Alexandre Bóveza organiza o vindeiro mes de abril un curso de iniciación á astronomía, impartido pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

  • Subvencións do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas - Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025

    Inscricións:

    Dende o 22/03/2024 ata o 22/04/2024

    O IGVS convoca axudas para a mellora da accesibilidade en e ás vivendas, orientado a facilitar o goce das vivendas a toda a cidadanía sen obstáculos físicos nin sensoriais con independencia das distintas capacidades.

  • Recorda Fest

    Cando:

    Dende o 06/09/2024 ata o 07/09/2024

    O Porto da Coruña acolle unha nova edición do Recorda Fest, con artistas como Marlon, Álvaro de Luna, Amaral e moitos/as máis.

  • Loita contra o discurso do odio nas aulas

    Cando:

    20/04/2024

    AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) oferta unha formación gratuíta na EGAP, en Santigao de Compostela, dirixida a docentes e con propostas didácticas para traballar contra o discurso do odio nas aulas.

  • Obradoiro ‘Claves educativas para o coidado da terra’

    Cando:

    17/04/2024

    O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) organiza un obradoiro no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) sobre Claves educativas para o coidado da terra. O taller será impartido por Concha López Llamas.

  • 51 prazas do Corpo de Observadores de Meteoroloxía do Estado

    Inscricións:

    Dende o 20/03/2024 ata o 18/04/2024

    Proceso selectivo para cubrir cincuenta e unha prazas do Corpo deObservadores de Meteoroloxía do Estado polo sistema xeral deacceso libre e oposición.

  • Bolsas Comedor UVigo, 2023-2024

    Inscricións:

    Ata o 12/04/2024

    A Universidade de Vigo convoca bolsas comedor complementarias ás bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para alumnado matriculado en grao e máster no curso 2023-2024.

resultados 215

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión