42 resultados
Dende o 11/05/2024 ata o 12/05/2024
Dende o 23/02/2024
A inscrición debe realizarse unha semana antes da celebración do curso. A partir desta data só entrarán solicitudes en caso de haber prazas sen cubrir.
Terceiro módulo, independente, da Escola de Empoderamento organizada por Aventeira, terá lugar no albergue Aldea Nova de Narón.
Dende o 06/03/2024 ata o 02/05/2024
A UNED imparte este curso de oito clases para explicar o contido dos exames internacionais do Trinity: en que consisten as catro partes do exame, o nivel de inglés necesario para realizalos, ferramentas para preparalos correctamente, e como afrontalos con soltura o día do exame. O seguimento pode facerse presencial e en liña en directo ou en diferido.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Clúster TIC Galicia poñen en marcha unha nova edición deste programa para a realización de accións formativas destinadas a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia, para dar resposta ás necesidades actuais do mercado.
Dende o 24/04/2024 ata o 13/05/2024
A matrícula pecharase ás 11:00h do día de celebración da primeira sesión do curso. A partir dese momento, só estará dispoñible o seguimento en liña en diferido.
UNED Ferrol organiza un curso para analizar o impacto real que tivo na práctica a Lei Orgánica de Garantía Integral da Liberdade Sexual. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
Formación presencial e en liña correspondente ao Programa de Integración e Cualificación para o Emprego (PICE) para persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil.
As solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso.
A Academia Galega de Seguridade Pública convoca o curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2024.
A formación poderá cursarse desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 1 de setembro de 2024 pero o seu remate e superación debe realizarse tras a data de publicación desta convocatoria (21 de novembro de 2023).
Ata o 30/09/2024
O Ministerio de Traballo e Economía Social convoca axudas para a formación de persoas traballadoras ocupadas e desempregadas mediante a realización de accións de formación que, de acordo co seu perfil, destínense a impulsar ou mellorar a súa carreira profesional ou a súa empregabilidade, ou permitan adquirir novas competencias para a transformación dixital, verde e produtiva. Estás accións terán unha dotación de 600 euros para cursos dun importe igual ou superior.
Formación gratuíta para obter os certificados profesionais de Google Soporte de tecnoloxías de información, Análise de datos, Xestión de proxectos, IT automation with Python, Márketing dixital e comercio electrónico e Ciberseguridad.
Dende o 28/09/2023 ata o 13/06/2024
unha sesión ao mes
Fundación Luis Seoane organiza o curso "Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica" co obxectivo de reinvindicar o diálogo como ferramenta para a difusión da arquitectura galega máis recente. Unha mirada curiosa e crítica á profesión para coñercer o que fixeron e que están a facer outros arquitectos, profesionais de Galicia e de fóra de Galicia, a maioría deles premiados na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo.
cada curso ten o seu propio prazo de inscrición.
Formación para persoas desempregadas e traballadoras, tanto na modalide en liña como presencial do CNTG.
resultados 42
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible