Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Cas / Gal

Nex (A Coruña) - Novo espazo xuvenil

Escola Municipal de Música: inscrición previa curso 2012/13

Data:
Dende o 21/05/2012 ata o 25/05/2012.
Resumo:
A inscrición previa é obrigatoria para todos aqueles alumnos de novo ingreso e un requisito imprescindible para formalizar posteriormente a matrícula. A lista de prazas vacantes para a inscrición previa está dispoñible na web da Escola Municipal de Música.

Axudas para a obtención do permiso de condución clase B.

Data:
Dende o 15/05/2012 ata o 01/09/2012.
Resumo:
A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos.

Axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea.

Data:
Dende o 15/05/2012 ata o 14/06/2012.
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 113 axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán 2012, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Probas de acceso ás ensinanzas de grao en Música.

Data:
Dende o 09/05/2012 ata o 08/06/2012.
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas de acceso ás ensinanzas de grao en Música para o curso 2012-2013.

Probas de acceso específicas ás ensinanzas de grao en conservación e restauración de bens culturais para o curso 2012-2013.

Data:
Dende o 09/05/2012 ata o 08/06/2012.
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas de acceso ás ensinanzas de grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2012-2013.

Probas de acceso específicas ao grao en arte dramática. Curso 2012-2013

Data:
Dende o 09/05/2012 ata o 20/06/2012.
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas de acceso ás ensinanzas de grao en Arte Dramática para o curso 2012-2013.

Probas de acceso aos estudos superiores de deseño para o curso 2012-2013.

Data:
Dende o 09/05/2012 ata o 08/06/2012.
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas de acceso ao grao en Deseño.

Probas acceso ao Conservatorio Profesional de Música curso 2012-2013

Data:
inscrición para 1º do grao profesional do 14 de maio ao 1 de xuño de 2012 e para 1º do grao elemental do 10 de maio ao 5 de xuño de 2012
Resumo:
O Conservatorio Profesional de Música da Coruña ten publicadas na súa web as datas das probas de acceso.

NOCTURNIA

Data:
Dende o 16/03/2012 ata o 16/06/2012.
Resumo:
Esta edición de NOCTURNIA, o programa de ocio para a mocidade da Concellería de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña intenta ofrecer unha serie de actividades gratuítas para que a mocidade de 12 a 30 anos as teña en conta á hora de planificar as súas fins de semana.

Proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores.

Data:
O 08/06/2012.
Data de inscrición:
Dende o 27/04/2012 ata o 30/05/2012.
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca a proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para as persoas que non estean en posesión do título de bacharelato e sean maiores de 19 anos.

Subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda, que conten co financiamento cualificado do Plan de Vivenda

Data:
Prazo: até 28 de maio de 2012
Resumo:
Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a axudar a afrontar os gastos derivados da adquisición, da adxudicación ou da promoción individual de vivenda para uso propio, por parte de persoas que conten co financiamento cualificado do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.