Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de abril de 2015

Así foi o noso GreenWeekend A Coruña 2015

Máis de 22 proxectos e 50 participantes poñendo en marcha o emprendemento verde e sostible.

Arredor de 50 participantes acompañáronnos na fin de semana do emprendemento verde en GreenWeekend Coruña, realizado no Centro Ágora durante a pasada fin de semana. As 3 xornadas de duración do evento puxeron de manifesto o interese e a creatividade arredor das iniciativas emprendedoras baseadas na ecoloxía, o social e a sustentabilidade.

Na primeira das xornadas, os participantes que así o desexaron, presentaron os seus proxectos durante 2 minutos de tempo, cada un deles; presentándose un total de 22 proxectos. Finalizada a intervención inicial, cada un dos asistentes votou os seus tres proxectos preferidos. Os 10 máis votados dispuxeron de 4 minutos para convencer o resto dos asistentes sobre a idoneidade do seu proxecto e para responder as preguntas do foro. A xornada finalizou coa formación de equipos arredor dos 10 proxectos finalistas, conformándose 7 equipos de traballo arredor dos proxectos que máis interese espertaron.

Na xornada do sábado, Juan Diego Pereiro expuxo o funcionamento dos modelos de negocio, a través do Model Canvas. Ao finalizar, facilitóuselles a todos os grupos o lenzo Lean Canvas para empezar a traballar sobre el os seus proxectos. Para lles axudar aos emprendedores na confección do seu modelo de empresa, incorporáronse á sesión, catro mentores, que tras unha breve presentación, achegáronse a cada grupo para escoitar os seus proxectos e brindar as súas opinións técnicas.

A tarde do sábado continuou coa intervención de Belén Fernández Rebolleda, técnica do Igape, que expuxo as distintas posibilidades de financiamento que brinda o IGAPE, directamente ou a través doutras entidades bancarias ou de garantía recíproca aos emprendedores; as liñas de subvencións e axudas existentes; o programa de mentoring, e a rede de business angels ou investidores privados, así como o asesoramento personalizado a todos os emprendedores que se acheguen ás súas oficinas.

Tras a charla continuouse traballando sobre o modelo Lean Canvas, incorporándose á sesión catro mentores máis, que brindaron a súa axuda e consellos a cada un dos grupos participantes, no desenvolvemento dos modelos de negocio.

A xornada do domingo repartiuse entre o traballo no desenvolvemento da idea de negocio de cada grupo, a tutorización de mentores e as pautas para o desenvolvemento dunha presentación que convencese o xurado sobre a idoneidade, viabilidade e necesidades do proxecto presentado.

Na tarde do domingo o líder de cada un dos proxectos desenvoltos, presentou o proxecto ante o xurado de GreenWeekend A Coruña. Os tres proxectos gañadores foron:

1º premio: Eco Cañamo. Solucións enerxéticas, alimentarias e industriais protexendo o medio ambiente [cultivo de cánabo]

2º premio: Recycling 3D. Camiño á sustentabilidade [reciclaxe de termoplásticos utilizado polas impresoras 3D]

3º premio: sedaqua. O xardín da depuración [depuración de auga mediante humidais artificiais]

 

Álbumes de fotos do evento:

- Xornada 1: Inicio e conformación de equipos [ http://goo.gl/ApcQxK ou http://goo.gl/RLlpw3 ]

- Xornada 2: Traballo con mentores [ http://goo.gl/wuExfk ou http://goo.gl/dGlciB]

- Xornada 3: Preparación de proxectos [ http://goo.gl/Kivrt4 ou http://goo.gl/E1wd4n ]

- Xornada 3: Presentación de proxectos e desenlace :-) [ http://goo.gl/OXW3tu ouhttp://goo.gl/AOBaoa]

Moitas grazas a todas e a todos pola vosa participación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión