Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2016

VIII Encontro de Presentación de Proxectos

Estado do emprendemento na nosa cidade.

Mañá mércores, 22 de xuño, ás 11.30 horas terá lugar nas nosas instalacións do Centro Municipal de Empresas da Grela, o VIII Encontro de Presentación de Proxectos, onde as emprendedoras e emprendedores que participaron no noso Itinerario Formativo, presentarán as súas iniciativas.

No evento, organizado pola Área de Emprego e Empresa do noso Concello, coñeceremos o estado e as emprendedoras e emprendedores dos seguintes proxectos:

12 Deleite (emprendedora: Nuria Cortizas Ledesma): proxecto baseado na elaboración artesanal de doce de leite 100% de Galicia.

Approvecha Coruña: (emprendedora: Laura Pérez López): o proxecto baséase nunha aplicación web por categorías de difusión de eventos e lecer na localidade da Coruña fácil e clara para todo tipo de usuarios dividido por categorías e tipoloxía delas.

Belagua: (emprendedor: Ramón López López): restaurante bar dedicado á comida sa e saudable.

Buttercow (emprendedor: Rubén Vicente Otero López): o proxecto consiste na instalación e posta en marcha dunha tenda baixo a franquía SANBRANDAN.

Coll Consultores: (emprendedor: Humberto Coll Alcina): firma consultora en formación e asesoría en recursos humanos e prevención de riscos laborais.

Daltopía: (emprendedoras: Reyes Quián Regaldíe, Doar Rodríguez Pas, Sara Pena e Mª Saavedra Canalejo): estudio de deseño gráfico, adaptamos a gráfica para persoas daltónicas.

A arca de Noé: (emprendedora: Sara Cunsolo Esparis): posta en marcha e explotación dunha cafetería con área infantil.

Mantra: (emprendedora: Pamela Conde Rojas): aplicación de técnicas de ioga para a aprendizaxe.

A asistencia é gratuíta, así que se queres coñecer o estado do emprendemento na nosa cidade, non deixes de acompañarnos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión