A divulgación científica e artística ten nas Casas Museo da cidade un lugar destacado. Dende hai máis de dúas décadas a institución Museos Científicos achegou a ciencia ao gran público a través da interactividade e da participación. Os personaxes importantes que construíron parte da historia da cidade tamén deixaron pegada e as casas onde pasaron parte da súa vida son agora lugares de visita convertidos en museo; trátase das Casas Museo de María Pita, Picasso, Emilia Pardo Bazán e Casares Quiroga.