26 de setembro de 2013
Estimados corredores/as, a todos os que confirmastes a vosa asistencia á Gala de Entrega de Premios da I Edición do Circuíto Coruña Corre, informámosvos de que poderedes retirar a entrada no vestíbulo principal do Ágora en horario de 18.30 a 19.45 horas, ata 15 minutos antes do comezo da gala. Unha vez recollida a entrada, poderedes retirar a camiseta conmemorativa do circuíto, dende as 18.45 ata as 19.45 e unha vez finalizada a gala.
O venres 27 ás 20.00 h no salón de actos do Centro Sociocultural Ágora realizamos a Gala de clausura do I Circuíto Coruña Corre. Continuamos coa información que vos ofrecemos a pasada semana coas categorías sénior, veteranos e discapacidade, así como os premios especiais, como son a familia con media de idade máis alta, o club con máis inscricións ao longo das carreiras, a familia con maior número de participantes. A esta entrega de trofeos unirase a entrega dun obsequio a todos aqueles participantes que finalizasen as 6 carreiras do circuíto.
Lembrarvos que todos os inscritos no circuíto recibirán como obsequio unha camiseta de recordo pola súa participación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible