27 de novembro de 2015
A primeira proba do circuíto Coruña Corre arrincará este domingo ás 10.30 horas, con entrada e saída na Praza Elíptica, e ofrecerá aos seus máis de 1.700 deportistas unha serie de facilidades para que o día da carreira poidan gozar plenamente da competición.
A recollida de dorsais e chip será no Polideportivo dos Rosales o sábado 28 de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas, o domingo 29 no Polideportivo dos Rosales ata 1 hora antes do inicio de cada carreira. Grazas ao chip amarelo e ao código QR no dorsal, todas e todos os corredores poderán coñecer o seu crono ao finalizar a carreira. Quen alugasen o chip unicamente para esa proba deberán depositalo ao final das carreiras nas zonas habilitadas para iso.
Para maior comodidade das e dos participantes, establecerase un servizo de roupeiro en horario de 9:30 a 13:30 horas no Polideportivo Municipal dos Rosales. Ao final da carreira recibirán un avituallamento sólido e líquido, e poderán acceder ao servizo de duchas no mesmo polideportivo. Ademais, quen corran na categoría prebenxamín recibirán unha medalla conmemorativa por participar na proba.
Debido á inscrición para esta cita, a organización viuse obrigada a reformular os horarios dalgunhas carreiras. Deste xeito, os horarios das carreiras de menores seguirán aproximadamente este programa:
CATEGORÍA |
HORA |
DISTANCIA |
ABSOLUTA |
10:00 |
6.465 m. aprox. |
XUVENIL |
11:35 |
2.490 m. aprox. |
CADETE |
11:35 |
2.490 m. aprox. |
INFANTIL FEMININO |
11:50 |
1.245 m. aprox. |
INFANTIL MASCULINO |
11:50 |
1.245 m. aprox. |
ALEVIN FEMININO |
12:05 |
620 m. aprox. |
ALEVIN MASCULINO |
12:20 |
620 m. aprox. |
BENXAMIN FEMENNNO |
12:35 |
620 m. aprox. |
BENXAMIN MASCULINO |
12:50 |
620 m. aprox. |
PREBENXAMÍN |
13:00 |
155 m. aprox. |
Ao finalizar todas as probas anunciarase por megafonía o momento e localización no que se farán públicas as clasificacións para que todas as persoas que participasen poidan coñecer a súa posición na competición. A entrega de premios realizarase ao redor das 13.00 horas na Praza Elíptica e desde a organización prégase a quen vaian recibir un premio que se presenten, á hora requirida, na zona do podio.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible