14 de abril de 2014
Os runners poderán aprender os segredos de adestramento destes dous atletas profesionais, trucos de técnica de carreira e mesmo poderán preguntarlles sobre as súas últimas actuacións en competición. No caso de Pedro Nimo, esta fin de semana finalizou décimo cuarto no maratón de Londres e foi cuarto europeo, mentres que Paula Mayobre proclamouse campioa da MediaSan do Camiño.
Os atletas galegos dirixirán unha Masterclass o vindeiro mércores día 16 na Praza da Cubela, detrás de El Corte Inglés aberta a todos os corredores populares e de carácter gratuíto. O evento estará de novo organizado polo Concello, a través da súa Concellería de Deportes e o propio El Corte Inglés
Tras a boa acollida das dúas pasadas clases maxistrais, impartidas por Andrés Díaz, Yolanda Gutiérrez e Paula Mayobre, a aresana, que xa dirixiu un adestramento co propio Andrés Díaz o pasado 22 de marzo, repetirá agora, pero terá nesta ocasión como compañeiro a Pedro Nimo. Será unha dupla de luxo a que formarán ambos os corredores, que están actualmente en plena forma. O atleta compostelán disputou esta pasada fin de semana o Maratón de Londres, finalizando nun honroso 14º posto, despois de ter que realizar practicamente toda a proba en solitario e foi, ademais, o cuarto europeo en cruzar a meta cun tempo de 2h14.15. Na cita londiniense impúxose o kenyano Wilson Kipsan, con récord da proba incluído (2h.04.15). Pola súa banda, Paula Mayobre proclamouse campioa tamén a pasada fin de semana da MediaSan do Camiño, despois de manter unha interesante pugna con Ester Navarrete.
Coruña42 convida a todos os corredores a non deixar pasar a oportunidade de compartir unha nova Masterclass, nesta ocasión dirixida por Pedro Nimo e Paula Mayobre e vivir a experiencia de realizar unha sesión de traballo con dous atletas de elite nun ambiente distendido. Con este evento, o Maratón Atlántica e o Concello da Coruña, en colaboración con El Corte Inglés, reforzan o seu compromiso de seguir ofrecendo as mellores actividades paralelas, máis aló da propia competición do próximo domingo 27 de abril.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible