Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de outubro de 2016

A décima edición da carreira popular Coruña10 remata coa vitoria de Abdelhadi El Mouaziz e Solange Pereira

A esta hora o tráfico xa está restablecido de forma habitual na zona na que se desenvolveu a proba, que foi aparellada a un dispositivo especial

Este domingo tivo lugar, na enseada do Orzán, a décima edición da decana das carreiras populares da cidade, Coruña10. En categoría absoluta os tres primeiros en chegar á liña de meta foron Abdelhadi El Mouaziz, Raúl Celeda, e Manuel Ángel Penas, acuñando uns tempo de 29 minutos 43 segundos, 30.03 e 30.03 respectivamente. En categoría feminina o podio foi para Solange Pereira, cun tempo de 34.48, Paula Mayobre, con 35.01 e Esther Navarrete con 35.19.

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, quen participou na entrega de trofeos, destacou o carácter "especialmente integrador" desta edición que contou, por vez primeira, con atletas en cadeira de todas. Igualmente, tamén saudou o feito de que este ano o número de mulleres participantes crecese notablemente. A participación feminina na categoría absoluta supuña o 25% das inscrición, fronte ao 20% do ano pasado.

O desenvolvemento da proba foi acompañado dun dispositivo especial de tráfico en toda a zona do Paseo Marítimo, que obrigou a realizar cortes puntuais e desviar o tráfico. A esta hora o tráfico está completamente restablecido. Non se rexistrou ningún tipo de incidente derivado das desviacións ás que obligou á carreira.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión