Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de decembro de 2016

O Concello porá en marcha o sábado 31 un dispositivo especial de tráfico pola celebración da carreira popular San Silvestre

3.500 persoas participarán na derradeira cita deportiva do ano, que provocará cortes desde as 15.30 horas nos Cantóns

Este sábado, día 31, A Coruña pechará a tempada deportiva coa celebración da sétima edición da carreira popular San Silvestre, unha proba de carácter festivo que percorrerá o litoral coruñés, ademais dos barrios de Peixería e Cidade Vella. A cita, que comezará ás 17.00 horas no Obelisco, contará coa participación de 3.500 deportistas, nunha edición na que, por vez primeira, poden participar rapazas e rapaces maiores de 14 anos. O trazado, dunha soa volta, levará ás e aos atletas populares a percorrer, durante 7.000 metros aproximadamente, os Cantóns, Juana de Vega, e o Paseo Marítimo até a entrada á Cidade Vella, á que accederán polas rúas Julio Portela Ceballos e Metrosidero. Desde aí pasarán por Maestranza, Porta de Aires, Amargura e Santiago, ata alcanzar a meta na Praza de María Pita tras cruzar Porta Real. Por este motivo, o Concello da Coruña, despregará un dispositivo especial de tráfico para facilitar o tránsito da veciñanza durante a tarde do sábado.

Os cortes ao tráfico comezarán contra as 15.30 nos Cantóns, no sentido saída da cidade, ata as 19.30 horas. O tráfico procedente da avenida da Mariña desviarase por Ambrosio Feijoo cara a avenida do Porto. A proba en ningún momento afectará ao tráfico no sentido entrada á cidade, e só estará suspendido o xiro cara rúa Nova desde as 16.30 horas ata as 17.10 horas, ao paso da carreira polo punto.

Desde as 16.45 pecharase ao tráfico o percorrido do circuíto ata o paso da carreira --cómpre destacar que a maior parte da proba transcorrerá polo Paseo Marítimo nos carrís situados xunto ao mar, e que os máis próximos ás casas se manterán abertos á circulación de vehículos--, e se abrirá polos cruzamentos unha vez pase a cola da mesma. Manterase a permeabilidade nos cruzamentos, como San Andrés - Praza de Pontevedra, glorieta de Adormideras, Paseo Marítimo - Veramar, Metrosidero - Maestranza, e Damas - Praza de Azcárraga.

Por último, o dispositivo tamén afectará a todas aquelas persoas residentes na Cidade Vella con vehículo,  que deberán saír pola Colexiata e rúa Zapatería cara Isabel López Gandalla.


Autobuses

O servizo de de autobús urbano experimentará modificacións nas liñas que percorren o centro da cidade con motivo da celebración da carreira. A principal afección do transporte público será o corte nos Cantóns, no sentido saída da cidade, polo que as liñas 1, 1A, 2, 2A, 17, 23 e 23A, procedentes do Abente y Lago, cambiarán o itinerario e circularán, ao seu paso pola avenida da Mariña por Ambrosio Feijoo e avenida do Porto para chegar á praza de Ourense.

De cara á concentración das e dos deportistas nos tramos de Paseo Marítimo, Metrosidero e Maestranza, as liñas 3, 5 7 e 17 poderían experimentar modificacións se o paso da carreira é prolongado. Así, as liñas 5 e 17 desviaríanse desde a praza de Ourense pola avenida do Porto e túnel de María Pita para saír na Praza das Atochas e incorporarse, en Orillamar, no seu itinerario habitual. Pola banda das liñas 3 e 7, estas desviaríanse desde San Andrés por rúa Alta, Paseo Marítimo, Hospital, Campo da Leña e Orillamar. No sentido de circulación de rúa Torre cara Porta Real, as liñas 3A e 17 circularán, desde Campo da Leña, por Panaderas, Orzán e San Andrés cara a praza de Pontevedra, punto no que recuperarán o seu percorrido habitual.

 

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión