Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xaneiro de 2017

O Concello activa un dispositivo especial de tráfico este domingo co gallo da celebración da II Carreira Popular de Matogrande

Máis de 1.630 deportistas participarán na segunda edición da proba, que provocará limitacións no estacionamento desde as 06.00 horas

A terceira carreira popular do V Circuíto Coruña Corre celebrarase o próximo 15 de xaneiro no barrio de Matogrande. A proba absoluta, que comezará ás 10.30 horas, terá a súa saída e meta na rúa Sebastián Martínez Risco, á altura co Colexio Liceo La Paz, e desenvolverase polo barrio coruñés así como pola rede viaria do Campus de Elviña. En total participarán 1.631 persoas, das que 448 son menores de idade. Co gallo desta competición, o Concello despregará un dispositivo especial de tráfico que provocará cortes na circulación dos vehículos na zona e limitacións no estacionamento, ademais da supresión da parada de taxis e de autobús na glorieta interior de Matogrande desde as 10.15 ata as 13.15 horas.

Así, desde as 06.00 horas, non estará permitido o estacionamento na rúa Sebastián Martínez Rico, que se cortará ao tráfico na zona fronte ao Liceo, onde estará situada a zona da saída, desde as 08.00 ata as 14.00 horas. O corte no percorrido do circuíto da carreira absoluta producirase desde as 10.20 horas ata as 11.15 horas. Deste modo, aínda que non se poderá circular polas rúas Sebastián Martínez Rico, Juan Díaz Porlier, Carlos Martínez-Enrique Mariñas, permitirase a permeabilidade das mesmas no acceso aos garaxes. Tamén estará pechada á circulación a estrada de Pocomaco, sentido Matogrande, desde a nova glorieta de conexión coa Universidade, manténdose en todo momento o sentido Matogrande-Pocomaco. Ademais, tamén estarán cortados ao tráfico vías da zona do campus universitario, polo que a saída de vehículos dos estacionamentos será xestionada tamén por persoal municipal.

En relación ao percorrido que se verá afectado pola celebración de carreiras de menores, que terán lugar de 11.35 horas a 13.15 horas, realizaranse cortes á circulación de forma descontinua, permitindo a saída e a entrada aos garaxes nas rúas Sebastián Martínez Risco, Juan Díaz Porlier e Carlos Martínez-Enrique Mariñas.
 

Retirada de dorsais

Os dorsais para a II Carreira Popular Matogrande poderán recollerse no Colexio Liceo La Paz este sábado 14 de xaneiro, de 11.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 21.00 horas, así como o domingo 15 ata unha hora antes do inicio de cada carreira. No propio recinto escolar estará situado o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.15 horas.

Para máis información sobre esta e outras probas do circuíto Coruña Corre, pode visitarse a páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares

 

 





 

Documentos:

Percorrido II Carreira Popular Matogrande - Categoría absoluta (PDF) (624 KB)

Percorrido II Carreira Popular Matogrande - Categoría menores (PDF) (458 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión