Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xullo de 2015

Xa tes a túa medalla de "finisher"?

Aínda estás a tempo de recoller a túa medalla por rematar as carreiras populares do Circuíto Coruña Corre.

O próximo día 9 de agosto celebrarase a cuarta edición da carreira popular Volta a Oza, última carreira que pecha o III Circuíto Coruña Corre. Como é habitual, poderase recoller este día a presea correspondente por finalizar a anterior carreira, neste caso a celebrada no Ventorrillo. Ademais, todas aquelas persoas que por distintas circunstancias non puideran recoller as correspondentes á V Carreira Torre de Hércules e á VIII Baixada de Cross de San Pedro de Visma, poderán facelo o domingo día 9 no Polideportivo Municipal de San Diego.

Así mesmo, sendo a IV Carreira Volta a Oza a carreira que poña fin ao circuíto desta tempada, todas e todos os deportistas “finisher” desta carreira poderán recoller a súa medalla no propio Polideportivo e, desta forma, completar a súa colección que os acredita como corredores do III Circuíto Coruña Corre.

Esperámosvos o domingo!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión