Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de agosto de 2014

Xa temos o vídeo reportaxe da Carreira de Oza. Gózao!

Algúns dos mellores momentos da proba realizada o pasado domingo día 10 en Oza, están recollidos no vídeo que a organización preparou para lembrar a última cita do II Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.

A carreira popular de Oza, que transcorre polos tres parques de San Diego, Eirís e Oza, supuxo unha nova xornada de numerosa participación, a pesar da presenza da choiva, principalmente durante as carreiras de menores, onde os participantes máis que nunca fixeron honra ao coñecido lema “Aquí corremos asi”.

Esta foi unha cita onde como vén sucedendo carreira tras carreira, os rexistros de participación continúan crecendo, especialmente no que ao apartado feminino se refire.

Para volver a este día, iso si, sen ter que mollarte, a organización de Coruña Corre elaborou un vídeo de seis minutos de duración no que se recollen algúns dos mellores momentos dunha mañá que congregou a centos de atletas no barrio coruñés.

Goza do vídeo e se te atopas nel cóntanolo en Twitter : @CorunaCorre. E se non sales, xa sabes que só hai unha posibilidade de ser protagonista dos próximos vídeos: inscribirte no próximo III Circuíto Coruña Corre. Agardámoste!

Acceda a través deste enlace ao vídeo da carreira

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión