Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xullo de 2014

Xa te podes apuntar á Carreira da Muller da Coruña 2014!

A Coruña estreábase como sede da Carreira da Muller no 2013, e xa na súa primeira edición alcanzáronse as previsións máis optimistas, xa que se cubriron os 3.000 dorsais dispoñibles. O reto para o 2014 é chegar a 5.000. Agardámoste!

Xa está dispoñible a inscrición para a segunda edición coruñesa da Carreira da Muller. É posible realizala en formato presencial dende o luns 21 de xullo ata o mércores 17 de setembro do 2014 ou ata esgotar as 2.000 inscricións nas tendas OYSHO (praza de Lugo, 14 e C.C. Marineda). A través de Internet (www.carreradelamujer.com) dende o luns 21 de xullo ata o mércores 17 de setembro do 2014, ou ata que se esgoten as 3.000 inscricións dispoñibles na web. O prezo da inscrición son 10 € (+ 0,60 € de comisión bancaria se a inscrición se realiza na páxina web). Aboaranse no momento de apuntarse, tanto nos puntos de inscrición como na páxina web da carreira. Ademais existen 100 dorsais a 50 €/dorsal con doazón 100% á AECC.

As camisetas, dorsal-chip e bolsa da corredora entregaranse no Frontón longo da Cidade Deportiva de Riazor, o venres 19 de setembro e o sábado 20 de setembro de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. É imprescindible presentar o resgardo que se entrega á hora de inscribirse ou, no caso das inscricións a través da páxina web, valerá co DNI ou fotocopia. As distintas medidas das camisetas entregaranse por estrita orde de recollida do dorsal-chip.

Non se admitirán inscricións na Feira da Corredora nin o día da proba.

O aumento da participación feminina nas carreiras coruñesas non fixo máis que crecer no último ano. Actualmente xa supoñen máis do 20% do total de runners en cada cita e seguro que esas cifras seguirán mellorando.

Se ti aínda non empezaches, o 21 de setembro é unha grande oportunidade!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión