Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de novembro de 2014

Xa podes gozar co vídeo reportaxe da Carreira de Novo Mesoiro

O pasado 2 de novembro deuse o pistoletazo de saída da IV edición da carreira popular de Novo Mesoiro, con este vídeo que preparou a organización desexamos ofrecervos algúns dos mellores momentos da proba, en todas as súas categorías.

O Circuíto Coruña Corre trasladouse nesta ocasión ao populoso barrio de Novo Mesoiro onde o domingo 2 de decembro se realizou a cuarta edición da súa carreira popular e terceiro memorial Iván Rocha Freire en recordo ao seu veciño, promotor da súa primeira edición.

A carreira popular de Novo Mesoiro supuxo unha nova xornada de numerosa participación a pesar da inestabilidade climatolóxica, con todo os runners coruñeses e vidos de distintas localidades, continúan batendo todos os rexistros de participación carreira tras carreira, sobre todo no apartado da categoría de "pitufos" que tivo un considerable aumento respecto á pasada edición do circuíto.

Para lembrarche este día, a organización de Coruña Corre elaborou un vídeo de seis minutos de duración no que se recollen os mellores momentos nunha carreira que congregou a centos de atletas.

Goza a través deste enlace ao vídeo e se te atopas nel cóntanolo en Twitter: @CorunaCorre.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión