Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2014

Volve coas súas mellores imaxes á carreira popular Volta a Oza

Xa están dispoñibles nas nosas galerías as mellores fotos da III edición da Carreira Popular Volta a Oza, última cita do II Circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Ofrecémosvos a oportunidade de revivir a vosa participación con este recordo, mentres xa preparamos os nosos teleobxectivos para a próxima edición

A sexta proba do Circuíto Municipal de Carreiras Populares Coruña Corre ofreceunos a oportunidade de gozar da carreira dos tres parques, que une San Diego, Eirís e Oza nun percorrido que mostra belas paraxes da nosa cidade e que nos permite coñecelos de primeira man.

Esta cita brindounos imaxes que nos permiten volver facer presentes os distintos momentos da carreira, tendo como pano de fondo vistas da cidade que aínda non adoitan estar presentes nas guías. Todas elas xa están dispoñibles nas galerías da web de carreiras populares e a disposición de todas as persoas participantes, que poden buscarse nas fotos e lembrar o día vívido.

Esta proba marcou a finalización do II Circuíto Coruña Corre, pero será necesario ter á man as zapatillas, porque o inicio do III Circuíto xa está próximo. Neste paréntese, lembrámosvos que vos esperamos aos 3 primeiros clasificados do circuíto en cada categoría e a todos os que queirades asistir na Gala de entrega de premios que se realizará o día 18 de setembro no Centro Sociocultural Ágora.

Podes acceder á galería de imaxes da carreira a través deste acceso

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión