Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2014

Volve á Coruña volve... a San Silvestre!

Esta última carreira popular do 2014 supón completar un ano repleto de eventos deportivos para o atletismo na cidade, como o Maratón Atlántica Coruña42, o medio Maratón Coruña21, a clásica Coruña10 e a continuidade na súa terceira edición do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, ademais das numerosas carreiras que se organizaron a favor de diversas causas solidarias.

A V Carreira Popular San Silvestre, que se disputará o 31 de decembro polo paseo marítimo, con saída no Novo Parrote e chegada na praza de María Pita, instalouse definitivamente na despedida de ano dos coruñeses, cuxa participación empeza a contarse por milleiros.

Se a carreira nacía coa ilusión de alcanzar os 500 corredores na súa primeira edición, limitando a este número a súa participación, progresivamente edición tras edición foise ampliando este límite ante a continuada demanda dos atletas para despedir deportivamente o ano. Desta forma na edición do 2012 aumentouse a 1.500 corredores, dende os 1.000 da súa segunda edición, para continuar ampliando este número no 2013 coa cifra de 2.000 atletas. Non obstante unha vez máis este límite seguiu crecendo ata as 2.500 prazas nesta ocasión, nunha edición onde a falta de 5 días para a finalización da data de inscrición, xa formalizaron 2.000 corredores a súa participación.

A proba disputarase a partir das 17.00 horas e as inscricións continuarán abertas ata o día 21 e poderanse efectuar a través da web www.championchipnorte.com e www.sansilvestrecoruna.com cun importe de 12 € e 10 € para os que posúan chip en propiedade. A retirada de chips (desbotables) e dorsais efectuarase os días 29 e 30 de decembro de 9.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h no Complexo Deportivo AQA Elviña, r/ Pza Agustín Díaz Sánchez.

A San Silvestre coruñesa cubrirá un percorrido de 7 quilómetros nun circuíto con saída no Parrote e chegada na Praza de Mª Pita, tras percorrer o Paseo Marítmo dende o Parrote, pasando polo Instituto Oceanográfico, a Hípica, os Pelamios, San Amaro, Adormideras, e as inmediacións da Torre de Hércules. Como novidade teremos unha entrada a Mª Pita dende a cidade vella.

Nesta edición, a organización da carreira conta cunha gran cantidade de obsequios para todas as persoas participantes, por cortesía dos patrocinadores, que recibirán ao realizar a inscrición: Camiseta técnica (Powerade), auga (Begano), froita (Naranjas Ibáñez-Fructífera), Roscón de Reis (Panadería Debén), barriñas enerxéticas (Gadis), sorteos, descontos, agasallos, entrada libre no Complexo Deportivo Metropolitan La Solana, trofeos para os gañadores, mellor disfrace individual e colectivo, concertos e Dj's polo que a praza de María Pita converterase nunha gran festa de deporte popular para despedir o ano, engalanada ademais para a ocasión co poboado do Nadal.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión