Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de novembro de 2015

Volve a Coruña a San Silvestre

A última carreira de 2015 porá o broche de ouro a un ano repleto de atletismo na cidade, no que gozamos das tres grandes probas: Maratón Atlántica Coruña42, o Media Maratón Coruña21, Coruña10 e a continuidade do circuíto municipal Coruña Corre, ademais das numerosas carreiras que se organizaron a favor de diversas causas solidarias.

A VI Carreira Popular San Silvestre, que se disputará o 31 de decembro pola tarde, será a despedida festiva do alfalto, ata o ano que vén, de miles de deportistas da cidade. Se a carreira nacía coa ilusión de alcanzar os 1.000 corredores na súa primeira edición, limitando a este número a súa participación, progresivamente foi ampliando este límite ante a continuada demanda dos atletas para despedir deportivamente o ano. Desta forma na edición de 2012 aumentou a 1.250 corredores, subindo ata os 2.000 atletas en 2013 e alcanzando os 2.500 atletas en 2014. Este ano poderán participar un total de 3.000 deportistas.

A proba disputarase a partir das 17:00 horas e as inscricións poderán realizarse ata as 23.00 horas do día 22 de decembro a través das webs www.championchipnorte.com e www.sansilvestrecoruna.com cun importe de 12 € ou 10 € para os que posúan chip en propiedade. A retirada de chips (rexeitables) e dorsais efectuarase os días 29 e 30 de decembro de 10.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. no Complexo Deportivo Metropolitan La Solana.

A San Silvestre coruñesa cubrirá un percorrido de 7.600 metros aprox. Nesta edición, a organización outorgará premios ao mellor disfrace individual e colectivo, así como á familia mellor disfrazada, ademais dos trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión