Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xullo de 2014

Ventorrillo aproba con nota nas enquisas

As opinións manifestadas polos corredores na enquisa de satisfacción sobre a II Carreira Popular de Ventorrillo indican gran satisfacción con todos os detalles da quinta cita do Coruña Corre. Por suposto tamén nos axudan a constatar un feito, o circuíto quedouse pequeno.

O pasado 13 de xullo tivo lugar a penúltima carreira do circuíto Coruña Corre, que nesta ocasión visitou os barrios de Ventorrillo, Penamoa e A Silva. As impresións ao termo dela parecían indicar que se viviu unha nova xornada de gozar arredor das carreiras municipais da cidade. As opinións dos corredores e corredoras constataron este feito, a II Carreira Popular de Ventorrillo foi unha festa.

No informe adxunto presentamos a análise completa das enquisas, das que cabe destacar os seguintes datos. Respecto de aspectos que avalían a organización, e dentro de altos valores, mellorouse nun dos apartados apuntados na anterior carreira de San Pedro de Visma. O avituallamento recuperou a súa peza de froita en lugar das barriñas enerxéticas, feito que foi agradecido polas persoas participantes. Así mesmo, outro persoal da organización, relativo aos voluntarios do Club Riazor Coruña e da Asociación de Veciños do Ventorrillo, alcanzou as boas puntuacións habituais, con mención especial para o speaker Xalo Maira, que volveu agradar a ampla maioría dos corredores.

As canles de comunicación municipais a través da web www.coruna.es/carreraspopulares e a conta en Twitter @CorunaCorre, prosegue a súa escalada como os medios máis importantes para a difusión da carreira.

Analizando as respostas ás preguntas abertas atopamos mencións positivas sobre a rapidez na entrega de trofeos e outros aspectos puntuais. Todos eles resúmense nunha opinión xeneralizada sobre a boa organización da carreira. A mención negativa máis recorrente, e a máis obvia, é a problemática respecto á dobraxe de corredores. Xa estamos a traballar para que no 2015 a Carreira do Ventorrillo teña un novo percorrido que evite esta problemática. Á fin e ao cabo é unha gran noticia que xa se nos quedase pequeno na súa segunda edición.

Moitas grazas pola vosa axuda para que melloremos!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión