Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xullo de 2014

Ventorrillo, A Silva e Penamoa reciben a invasión do Coruña Corre

A II Carreira Popular de Ventorrillo non foi menos que as catro citas anteriores do II Circuíto Coruña Corre, e pulverizou todas as súas marcas de participación respecto da primeira edición. Dende o máis veterano dos corredores ata a máis nova das corredoras "pitufo" gozaron dunha nova festa do running. O broche de ouro o 10 de agosto na Volta a Oza!

Os barrios do Ventorrillo, A Silva e Penamoa viviron esta mañá unha festa do running co desembarco de case un milleiro de corredores, dispostos a vivir unha nova cita do Coruña Corre.

Ás 10.30 dábase a saída absoluta con máis de 500 corredores e corredoras dispostos a enfrontarse a un dos circuítos máis rompe-pernas dos que compoñen o circuíto municipal de carreiras populares. Esta cifra significa que se duplicaron as cifras respecto da primeira edición.

O gran dominador da proba foi Elkader Bouguerroudj, quen marcou o ritmo dende o primeiro metro e chegou en solitario á meta en 17 minutos e 13 segundos, seguido por Manu Pereira, atleta popular de gran progresión nas últimas carreiras. Con esta vitoria, o atleta alxerino presenta a súa clara candidatura á vitoria final, impoñéndose en 4 das 5 carreiras disputadas.

Entre as mulleres a primeira foi Mª Cristina Santiago, outro caso de corredora que chegou ao pódium en varias ocasións e que Ventorrillo coroouna finalmente como vencedora, cun tempo de 21 minutos e 20 segundos. Priscila Suárez chegou en segundo lugar a 15 segundos da gañadora.

A partir das 11.15 comezaron as carreiras de menores, correspondentes á categoría júnior e cadete iniciando o programa, para continuar con infantís, alevíns, benxamíns e finalmente os pitufos. En todas as carreiras viviuse un grande ambiente deportivo e unha asistencia de público notable, que premiou aos mozos corredores, e especialmente aos máis novos do Coruña Corre.

O Coruña Corre terá a súa última e definitiva cita o próximo 10 de agosto coa Volta a Oza, na que se decidirán as clasificacións finais e, o que é máis importante, poñerase de novo de manifesto a importancia de practicar un deporte que nos permite adquirir hábitos de vida saudables, e ao que cada vez se incorporan máis coruñeses de todas as idades.

Pode consultar os resultados a través deste enlace.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión