Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de novembro de 2015

Servizos dispoñibles na Carreira Popular dos Rosales

A primeira proba do circuíto Coruña Corre arrincará este domingo ás 10.30 horas, con entrada e saída na Praza Elíptica, e ofrecerá aos seus máis de 1.700 deportistas unha serie de facilidades para que o día da carreira poidan gozar plenamente da competición.


A IV Edición da Popular Os Rosales, que inaugurará a nova edición do Circuíto Popular de Carreiras Popular CoruñaCorre, disputarase este domingo a partir das 10.30 horas. Máis de 1.700 atletas, que competirán desde categoría absoluta ata prebenxamín, con saída e meta na Praza Elíptica, tomarán a saída e a organización da carreira quere ofrecer aos seus deportistas os mellores servizos.

A recollida de dorsais e chip será no Polideportivo dos Rosales o sábado 28 de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas, o domingo 29 no Polideportivo dos Rosales ata 1 hora antes do inicio de cada carreira. Grazas ao chip amarelo e ao código QR no dorsal, todas e todos os corredores poderán coñecer o seu crono ao finalizar a carreira. Quen alugasen o chip unicamente para esa proba deberán depositalo ao final das carreiras nas zonas habilitadas para iso.

Para maior comodidade das e dos participantes, establecerase un servizo de roupeiro en horario de 9:30 a 13:30 horas no Polideportivo Municipal dos Rosales. Ao final da carreira recibirán un avituallamento sólido e líquido, e poderán acceder ao servizo de duchas no mesmo polideportivo. Ademais, quen corran na categoría prebenxamín recibirán unha medalla conmemorativa por participar na proba.

Debido á inscrición para esta cita, a organización viuse obrigada a reformular os horarios dalgunhas carreiras. Deste xeito, os horarios das carreiras de menores seguirán aproximadamente este programa:

CATEGORÍA

HORA

DISTANCIA

ABSOLUTA

10:00

6.465 m. aprox.

XUVENIL

11:35

2.490 m. aprox.

CADETE

11:35

2.490 m. aprox.

INFANTIL FEMININO

11:50

1.245 m. aprox.

INFANTIL MASCULINO

11:50

1.245 m. aprox.

ALEVIN FEMININO

12:05

620 m. aprox.

ALEVIN MASCULINO

12:20

620 m. aprox.

BENXAMIN FEMENNNO

12:35

620 m. aprox.

BENXAMIN MASCULINO

12:50

620 m. aprox.

PREBENXAMÍN

13:00

155 m. aprox.

Ao finalizar todas as probas anunciarase por megafonía o momento e localización no que se farán públicas as clasificacións para que todas as persoas que participasen poidan coñecer a súa posición na competición. A entrega de premios realizarase ao redor das 13.00 horas na Praza Elíptica e desde a organización prégase a quen vaian recibir un premio que se presenten, á hora requirida, na zona do podio.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión