Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de febreiro de 2016

Sergio Sánchez e Paula Mayobre gañan a VIII edición do Medio Maratón Coruña21

Máis de 1700 deportistas tomaron a saída nunha carreira marcada pola integración, na que por vez primeira os atletas en cadeira de rodas puideron percorrer o trazado completo

Os corredores Sergio Sánchez e Paula Mayobre fíxéronse na mañá deste domingo co primeiros postos de Coruña21, o Medio Maratón Atlántico, cuns tempos de 01:04:22 no caso del, e de 01:14:55, ela. A VIII edición da proba destacou por ser a primeira ocasión na que atletas en cadeira de rodas puideron percorrer o trazado completo, contra os 16 km do ano pasado. Así o fixo o deportista Álvaro Illobre, que completou o percorrido nun tempo de 01:18:15.

A carreira comezou ás 10.00 horas. Máis de 1.700 deportistas  percorreron as rúas da cidade durante os 21.097,50 metros da proba, nun trazado a dúas voltas, desde Os Pelamios até Oza coa saída e meta nos Cantóns. Xunto a Sánchez e Mayobre, este ano completaron o podio Vanessa Lafuente e Raquel Suárez, gañadora da pasada edición, na categoría absoluta feminina; e na masculina, Alejandro Fernández fíxose coa prata, repetindo o posto do ano pasado, e Hassan Lekhili, co bronce. A pesares dos bos tempos marcados polos campións do medio maratón, ningún atleta superou o récord da proba, sendo este de 1:02:57 na categoría masculina, e 1:11:16 na feminina.  Os concelleiros de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, e de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, foron os encargados de entregar os trofeos aos e ás gañadoras.

Unha hora antes do comezo do Medio Maratón, ás 09.00 horas, tomaron a saída dous corredores que disputaron a modalidade de handbike, nunha exhibición na que Ángel Lopez Fernandez e Iván Montero Ferreiro estiveron acompañados por corredores do club ciclista Riazor.

A vindeira cita co asfalto será o día 2 de abril, coa celebración da VI Carreira Popular da Torre de Hércules, dentro do Circuíto Coruña Corre. A tríade de grandes probas desta tempada (Coruña10, Coruña21 e Coruña42) chegará ao seu cumio o 17 de abril coa celebración do Maratón Atlántico Coruña42, que abrirá nos vindeiros días o seu prazo de inscrición.

Documentos:

Resultados VIII Medio Maratón Coruña21 (1 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión