Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de abril de 2014

Rememora a IV Popular Torre de Hércules coas nosas galerías

A IV Popular Torre de Hércules supuxo un éxito de participación, con case 3500 inscritos e coroou a Ramón Serantes e Paula Mayobre como vencedores. Unha carreira nocturna que nos deixou preciosas estampas que xa se poden visitar nas galerías oficiais da carreira, terceira proba do Circuíto Coruña Corre.

A IV Popular Torre de Hércules-II Trofeo José Varela Calviño brindounos imaxes para o recordo, ademais de pulverizar os mellores rexistros de participación con case 3500 inscritos, consolidándose como a segunda carreira máis multitudinaria, só por detrás da emblemática Coruña10. As imaxes da carreira xa están dispoñibles nas galerías da web de carreiras populares e a disposición de todas as persoas participantes, que poden buscarse nas fotos e lembrar o día do campionato. Unha competición que marcou o meridiano dentro do Circuíto Coruña Corre, coroou a Paula Mayobre e a Ramón Serantes como vencedores da Absoluta e deixounos instantes espectaculares, coa subida á tardiña dos corredores chegando ao pé do milenario faro, meta da proba.

Unha decisión, a de situar a carreira absoluta en horario nocturno, que supuxo un aliciente para os corredores e que permitiu inmortalizar gran cantidade de fotos de fermosa factura, coa Torre de Hércules como pano de fondo.

Podes acceder á galería de imaxes da carreira a través deste acceso

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión