Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de outubro de 2014

Recta final de inscrición da IV Carreira Popular Novo Mesoiro

A segunda proba do circuíto de Carreiras Populares CoruñaCorre cerra a súa inscrición hoxe ás 24 horas e xa superou os anotados á primeira cita nos Rosales, con máis de 2.500 inscritos. A finalización do prazo para anotarse á carreira coincidirá co fin de tempo para anotarse ao circuíto que leva o running aos barrios.

A Popular de Novo Mesoiro, III Memorial Iván Rocha Freire, segunda proba do circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre, xa superou os corredores da primeira cita dos Rosales, que tivo máis de 2.500 runners inscritos e apura as súas últimas horas antes de que se cerre o seu prazo de anotación, que será hoxe ás 24 horas. A esa mesma hora terminará o tempo para anotarse ao circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre, que continuou crecendo dende a cita nos Rosales, e alcanza xa a cifra de 2278 corredores que forman xa parte del, superando con moito os 1756 totais da pasada edición. Actualmente, ademais, hai 95 familias e 105 equipos mixtos, case o dobre en total có ano pasado.

Todas as persoas que desexen inscribirse aínda poden facelo a través do enlace do noso cronometrador www.championchipnorte.com ou presencialmente na oficina de Viajes El Corte Inglés situada na Casa da Auga nos mesmos prazos (limitado ao seu horario de apertura). Todos os corredores que desexen anotarse de forma illada a esta cita pódense inscribir ao prezo de 3 euros se son propietarios de chip amarelo ou 5 euros, se non o son, polo que pagarán 2 euros en concepto de alugueiro del. Mentres, o prezo para as persoas que desexen anotarse ao circuíto será de 10 euros e 12 euros pola adquisición do chip amarelo para aquelas que non o teñan en propiedade. Este chip será válido para todas as probas do circuíto de #CoruñaCorre e todos os eventos cronometrados de Championchipnorte. Os non propietarios que non desexen adquirilo poden devolvelo ao termo do circuíto e se reembolsaránselle 6 €. Lembramos que a inscrición para as categorías dende xuvenil ata pitufos volverá ser gratuíta.

Lembramos que co obxectivo de lograr que o circuíto municipal de carreiras populares sexa sostible e que se destinen tan só os recursos necesarios en función do número de participantes en cada carreira, premiarase, mediante un sorteo de material deportivo, a aqueles corredores, inscritos no circuíto, que confirmen a súa participación. A este efecto, recibirá un email no que deberán de premer nun enlace no que terán que confirmar ou non se estarán en #NovoMesoiro e se farán uso da ludoteca, cun máximo de seis nenos beneficiarios por persoa.

Os inscritos no circuíto e que xa competisen na proba dos Rosales non terán que recoller o dorsal nin o chip, pois empregarán o mesmo durante todas as carreiras que o compoñen. O resto de corredores inscritos poderán recoller os dorsais de #PopularNovoMesoiro o sábado de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 21.00 horas e o propio domingo, ata unha hora antes do inicio da carreira, no polideportivo de Novo Mesoiro, onde tamén se instalará o servizo de duchas e gardarroupa. Ademais, como é novidade nesta edición, e que xa se instaurou nos Rosales, tamén haberá servizo de ludoteca infantil para menores de 0 a 11 anos, fillos dos corredores e corredoras. Ao final da carreira haberá avituallamento sólido e líquido para todos os runners.

A proba absoluta, cuxa saída será ás 10.00 horas, terá un trazado de 5.535 metros e terá saída e meta na Rúa Ancares, á altura do Polideportivo de Novo Mesoiro. A proba xuvenil e cadete, de 2325 metros, tomará a saída ás 11.15 horas, ás 11.35 horas tomará a saída o infantil feminino e o infantil masculino ás 11.50, ambos cun trazado de 1.600 metros. As carreiras tanto de alevín feminina como masculina, de 800 metros, terán a saída ás 12.05 e 12.15, respectivamente. A penúltima proba, a benxamín, con idéntica distancia será ás 12.25 no caso da carreira feminina e 12.35 da masculina. Os pitufos, a última proba e con máis de 200 inscritos ata a data, cerrarán a competición ás 12.50, percorrerán aproximadamente 150 metros e estableceranse tantas quendas de saída como sexa necesario para garantir a súa seguridade.

A localización das clasificacións da #PopularNovoMesoiro e o momento no que estas se fagan públicas anunciarase por megafonía e a entrega de premios terá lugar arredor das 13.20 horas no palco situado na zona de saída e meta ou no Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro, en función da climatoloxía.

Últimas horas de inscrición de #PopularNovoMesoiro, que xa conseguiu superar en participación aos Rosales e que marcará a segunda cita da III Edición do Circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre. Agardámoste!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión