Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2014

Recordos plasmados en imaxes: as galerías da Popular dos Rosales

A proba coa que se inaugurou a terceira edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre o pasado domingo día 19 foi retratada polo noso fotógrafo, quen inmortalizou o esforzo dos máis de 2000 corredores que tomaron a saída na Praza Elíptica, sumando dende a categoría absoluta ata pitufos. Documentos gráficos para lembrar o inicio do circuíto que leva o running aos barrios herculinos.

A Popular dos Rosales supuxo a primeira estación do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre o pasado domingo día 19 ás 10.00 horas na Praza Elíptica, nunha proba que reuniu máis de 2000 corredores repartidos dende a proba absoluta ata a de pitufos. Moitas estampas foron inmortalizadas polo fotógrafo da organización: momentos que plasmaban o esforzo, as ganas, a complicidade e a deportividade que reinou durante toda a cita deportiva.

Ao longo de diferentes zonas do trazado, que discorría pola zona do Portiño, Travesía dos Fortes, Ronda de Outeiro, Manuel Azaña e a Praza Elíptica os fotógrafos colocáronse dispostos a captar ese instante que converte as carreiras coruñesas en algo especial. A loita contra un mesmo, a forza, o decoro, a gana. Miles de instantáneas nas que os runners foron de novo os verdadeiros protagonistas.

Podes acceder ao álbum de fotos co que inauguramos unha nova temporada no Circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre, recordos que agora poderedes atesourar buscándovos nas nosas galerías para rememorar o vivido e facer gana para a próxima proba, o Memorial Iván Rocha Freire de Novo Mesoiro, que se realizará o próximo 2 de novembro e cuxo prazo de inscrición xa está aberto. Porque quedan moitas galerías de recordos que encher, vides?

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión