Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de febreiro de 2015

Raquel Suárez, Elhissouf Abdelmajid e 2269 valentes triunfan en Coruña21

A sétima edición do medio maratón Atlántica bateu récord de participación con preto de 2300 corredores en meta, e volveu confirmar o bo momento que vive o running na cidade herculina, cuxos cidadáns volveron responder saíndo á rúa para animar os corredores.

#Coruña21 sumou o seu sétimo ano de vida batendo récord de inscritos, 2509 nesta edición, e reuniu a multitude de público tanto nas inmediacións das zonas de saída e meta como no circuíto. Un trazado novo, a unha volta e homologado que coroou a Elhissouf Abdelmajid en categoría absoluta (1.04.37”) masculina e a Raquel Suárez Pedrosa na feminina (1.20.59”).

O resto do podio completouse na carreira masculina con Alejandro Fernández (1.04.57”) e o bronce foi para Robert Wambua (1.05.32), mentres que en mulleres a prata foi para Elena María Ferreiro (1:24:48”) e a terceira praza correspondeulle a Ana Belén Losada (1.27.24”). Pola súa banda Lolo Penas, que afrontou #Coruña21 como rodaxe para o Maratón Atlántica do próximo 19 de abril, conseguiu un quinto posto (1.08.19”).

No apartado das lebres, o campión de España de Maratón Pedro Nimo levou polo aire o seu grupo cara á meta, conseguindo, ademais, rabuñar uns segundos ao seu crono (1h25) e entrar cos corredores en 1.23.52”. A outra lebre, a galega Vanessa Veiga, que non puido competir debido a unha rotura de fibras no sóleo, estivo durante toda a carreira animando os runners e posteriormente en meta axudándolles nos metros finais e mesmo proporcionándolles avituallamento. Ademais, foi encargada de entregar algúns premios na entrega, que tivo lugar ás 12.30 horas no Parrote.

Antes da proba de medio maratón #Coruña21, disputouse por primeira vez a súa homóloga de handbikes e cadeira de atletismo, na que se impuxo en elite Vicente Yangüez Santalla, El Chano cun tempo de 44.43. Mentres, na proba de vehículo adaptado venceu Ángel López (50.14), segundo foi o olímpico Álvaro Illobre (53.59) e terceiro Martín Varela Dourado (54.02).

#Coruña21 segue crecendo e con ela inaugúrase a triloxía de carreiras grandes da cidade herculina. A próxima cita será o próximo 19 de abril, en #Coruña42 que continúa co seu prazo de inscricións aberto. Agardámosvos!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión