Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2014

Posta a punto con Paula Mayobre e Pedro Nimo para Coruña42

Arredor de corenta corredores populares gozaron onte da masterclass dirixida polos atletas profesionais galegos Paula Mayobre e Pedro Nimo. A sesión constou dunha rodaxe de arredor de vinte minutos, a continuación a atleta de Ares titorizou diferentes exercicios de técnica de carreira e para finalizar, Pedro Nimo deu pautas de alimentación e hidratación previos ao Maratón Atlántica.

A terceira Masterclass organizada polo Concello da Coruña a través da súa Concellería de Deportes e El Corte Inglés volveu reunir un bo número de corredores populares, que neste caso gozaron cos atletas profesionais galegos Pedro Nimo e Paula Mayobre, que exerceron de adestradores. Arredor de 45 runners déronse cita na Praza da Cubela, centro neurálxico dunha sesión que comezou na xornada de onte ás sete da tarde. Despois das presentacións a cargo do speaker Xalo Maira, tanto corredores como os propios Nimo e Mayobre realizaron unha sesión de rodaxe de vinte minutos polas inmediacións de Oza, na que os populares puideron gozar correndo xunto a dous dos mellores atletas galegos nun ambiente distendido.

Tras a rodaxe, Paula Mayobre adestrou cos corredores diferentes exercicios de técnica na carreira, corrixindo sobre a marcha os erros ou as malas execucións de forma personalizada. A atleta incidiu na importancia de aspectos como que na pisada os corredores entrasen co metatarso, así como o fundamental que é o movemento dos brazos durante a carreira. A continuación, Pedro Nimo encargouse de dirixir unha charla sobre hidratación e nutrición previas ao maratón. O atleta destacou como fundamental o non facer experimentos días antes da carreira, a hidratación como unha parte fundamental para asumir con garantías a proba e a importancia de escoitar o corpo á hora de levar a cabo os adestramentos. Así mesmo, advertiu que non existen fórmulas máxicas e que cada runner é diferente, o que motiva que en función da persoa unha rutina pode ser válida ou non.

Para finalizar, todo o grupo realizou traballo de estiramentos e os corredores puideron resolver tanto con Pedro Nimo como con Paula Mayobre as súas dúbidas e preguntas sobre diferentes aspectos, tanto do adestramento previo como do propio día do maratón. Ademais, todas as persoas participantes puideron recoller o seu obsequio por formar parte do evento deportivo. Con esta terceira masterclass, a organización de Coruña42 volveu mostrar o seu compromiso cos corredores á hora de ofrecerlles as actividades máis atractivas para o Maratón Atlántica.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión