Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de abril de 2013

Por que Aquícorremosasí?

A segunda edición do Maratón Atlántica reuniu máis de 2.000 corredores, dos cales máis de 1.000 correron os 42 quilómetros. A competición, ademais, desmarcouse doutras citas como Londres ou Sevilla, ao conseguir unha maior porcentaxe de corredores (15,24%) que conseguiron unha marca inferior ás tres horas con respecto aos que finalizaron a carreira.

Coruña42 crece ano a ano e este volveu dar un paso adiante con respecto ao alto nivel de participación. E é que a segunda edición deste Maratón Atlántica mellorou os seus rexistros con respecto á primeira edición. No 2012, terminaron a carreira herculina por debaixo das 3 horas 87 participantes, con respecto aos 956 que finalizaron a carreira, o que supuxo unha porcentaxe do 9,1%.

Este ano este número creceu ata o 15,24%, o que indica o nivel dos corredores de Coruña 42. É dicir, un total de 120 atletas pararon o seu crono por debaixo das 3 horas con respecto aos 787 que terminaron a proba.

Esta porcentaxe é maior con respecto á doutros maratóns, que a pesar de contar con maior número de inscritos e máis antigüidade presentan proporcionalmente uns datos inferiores. No caso do recente maratón de Londres, finalizaron un total de 1323 participantes por debaixo das 3 horas, cifra porcentualmente máis baixa (3,87%) que na Coruña 42, xa que 34.188 corredores cruzaron a liña de meta.

Xa en España, a carreira coruñesa segue tendo unha maior porcentaxe en participantes por debaixo das 3 horas. Gana a outras competicións de renome como Madrid (3,03%), Sevilla (9,19%), Valencia (5,9%) ou Barcelona (0,5%). Comezou xa a conta atrás para que comece a terceira edición de Coruña42 (27.04.14) e o Maratón Atlántica xa adestra para mellorar as súas marcas e mesmo pulverizar os seus rexistros.

(Todos os datos dados foron obtidos das páxinas web oficiais dos respectivos maratóns).

Datos:

London Marathon (2013): 1323 de 34188 = 3.87%

Maraton de Madrid (2012): 279 de 9569 = 3.03%

Coruña42 2013 "Aquí corremos así" (2013): 120/ 787: 15,24%

Coruña42 (2012): 87/956: 9,1% (edición pasada).

Marató Barcelona (2012): 101/19.455: 0,5%

Maratón Sevilla (2013): 548/5.959: 9,19%

Maratón Valencia (2013): 461/7.781: 5,9%

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión