Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2014

#popularlosrosales, parada da primeira carreira de menores

O circuíto #CoruñaCorre, que comeza esta terceira edición coa Popular dos Rosales deste domingo día 19, será o escenario tamén das carreiras de menores, dende categoría xuvenil ata a proba de pitufos. As probas, que se dividirán por quendas de saída debido á grande afluencia de participantes, realizaranse nun circuíto cerrado e controlado por monitores.

As carreiras de menores volverán ter o seu protagonismo na terceira edición do Circuíto #CoruñaCorre que arrinca este domingo día 19. Tras a proba absoluta, comezarán as competicións de menores, runners cuxa inscrición é de carácter gratuíto, e que se desenvolverán en circuíto acoutado. Lembramos que para garantir a seguridade dos corredores, e debido ao gran volume de participantes, estableceranse tantas quendas de saída como sexan necesarias. Así mesmo, as categorías pitufos, benxamín e alevín recibirán unha medalla conmemorativa ao final da carreira.

Comezará a categoría xuvenil ás 11.05 horas, cubrindo unha distancia aproximada de 2.490 metros, o que corresponderá con dúas voltas grandes de 1.245 metros cada unha. Ás 11.20 será a quenda da categoría cadete, que cubrirá idéntica distancia. Ás 11.40 correrá o grupo de idade de infantil feminino, que salvará unha distancia de 1.245 metros, unha volta grande, mesmo trazado no que competirá o infantil masculino ás 11.55 horas. O seguinte será o alevín feminino que correrá ás 12.10 horas, competindo nunha volta mediana de 620 metros e ás 12.20 o alevín masculino. A continuación, chegará a quenda do grupo benxamín feminino, ás 12.30 horas e ás 12.40 o masculino, ambos con idéntico trazado de 620 metros.

Por último estarán os pitufos, runners máis novos nacidos no 2008 e posteriores, que volverán ter gran protagonismo no circuíto #CoruñaCorre e poderán demostrar a súa destreza competindo e mostrando que a substitución xeracional está garantida. Este grupo de idade correrá a partir das 12.50 horas.

Os dorsais das carreiras de menores serán de cor amarela para todas aquelas persoas inscritas no circuíto #CoruñaCorre e da cor correspondente á Popular dos Rosales para os anotados de forma illada nesta carreira. No caso dos pitufos, terán un fondo detrás do seu número de dorsal cunha cor diferente en función do ano de nacemento apoiado polo texto “Nacidos en …” para así poder identificalos mellor e axudará a agrupar de forma máis rápida e eficaz os corredores da mesma idade.

Próximos ao arco de saída haberá dous caixóns de saída acoutados e controlados por monitores que serán responsables de rexistrar a entrada a el. Os monitores irán chamando os corredores pitufos, comezando nun caixón cos nacidos no 2008, mentres que no outro estarán os do 2009. Competirán a continuación os do ano 2008 e chamarase ao caixón baleiro aos nados no 2010 e así sucesivamente. Tanto a entrada como a saída do caixón estará supervisada en todo momento polos monitores.

O circuíto estará totalmente cerrado e os pais poderán recoller os seus fillos unha vez que finalicen a carreira e recollan a súa medalla e avituallamento sólido e líquido. Nesa zona haberá monitores controlando a todos os participantes ata que os recollan os seus pais, que só deberán acceder a el unha vez localizasen o seu fillo para recibilo. As carreiras de menores cerrarán a terceira edición da Popular dos Rosales e volverán demostrar que o running non entende de idades e que as novas xeracións chegan ao sprint.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión