Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xaneiro de 2015

Pedro Nimo, a túa lebre en Coruña21

O Campión de España de maratón será lebre no medio maratón coruñés que se realizará o próximo 22 de febreiro e competirá, ademais, en Coruña42 o 19 de abril. A organización abre un concurso nas redes sociais para que os seguidores decidan en que marca correrá Coruña21 o atleta santiagués.

O medio maratón #Coruña21 contará na súa sétima edición co campión de España Pedro Nimo, que será lebre da irmá pequena de #Coruña42, que se realizará o próximo 22 de febreiro. O corredor santiagués, que estará no Maratón Atlántica, levará da man os corredores en #Coruña21, que gozarán da experiencia de competir da man dun dos mellores maratonianos. A través dunha votación que poñerá en marcha a organización a través da conta oficial da carreira @Coruna21 os runners poderán escoller o tempo que marcará Nimo como lebre.

A votación comezará este xoves 29 de xaneiro e prolongarase ata o domingo 1 de febreiro, e as dúas opcións de crono serán de 1h15 ou 1h25. Para participar será necesario ser seguidor da conta de Twitter. Cada día nela publicarase un tuit conmemorativo da votación: “Cal será o crono de @Pedro_Nimo lebre de #Coruña21? 1h20 RT 1h30 FAV e todos os seguidores da conta poderán votar unha vez ao día mediante un retuit ou marcando favorito. Só se permitirá un voto por seguidor e día e ás 24 horas do domingo darase a coñecer o crono final elixido polos corredores.

#Coruña21 coa participación deste grande atleta, confirma o seu compromiso na súa sétima edición de seguir mellorando e ofrecéndolles aos seus corredores as maiores facilidades para que disfuten dunha grande experiencia o próximo 22 de febreiro. Porque #lamitadmolamás

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión