Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2014

Os últimos pasos do II Coruña Corre levarante por este percorrido na Volta a Oza

A terceira edición da Volta a Oza do próximo 10 de agosto poñerá punto e final ao segundo circuíto municipal de carreiras populares. Hoxe presentámosvos os seus circuítos que, en liñas xerais, son os mesmos ca no 2013, cunha pequena adaptación na carreira absoluta para unir o Parque de Eirís co de Oza. Esta é a carreira dos tres parques!

O 10 de agosto é a data sinalada para poñer o broche de ouro á segunda edición do Circuíto Coruña Corre, a cal elevou o seu número de participantes nun milleiro con respecto á súa estrea. A III Volta a Oza será a protagonista e terá como punto neurálxico o Parque de San Diego para a montaxe de saída e meta, apoiados polo Centro Deportivo Municipal alí situado para os servizos complementarios da carreira.

O ano pasado a Volta a Oza buscou un percorrido máis racional para cumprir con aspectos relativos á seguridade dos corredores, e en base a eles pretendeuse cumprir obxectivos transversais como dar a coñecer novas contornas da cidade que permiten a práctica do running. Así naceu a carreira dos tres parques, unindo San Diego, Eirís e Oza nun percorrido duro pero que mostra belas paraxes da Coruña.

Para este ano a idea é manter a filosofía xeral, e só se produce unha pequena variación na carreira absoluta, nos tramos de unión entre o parque de Eirís e o de Oza. Isto é debido ás obras de eliminación dun tapón urbanístico que o barrio do Castrillón demandaba dende hai tempo, e que ao Coruña Corre tamén o enriquecerá a partir de que a obra estea terminada.

Presentámosvos os circuítos para a última festa do II Coruña Corre!


Pode descargar os planos da carreira nos seguintes contidos

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión