Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xuño de 2015

Os números de Coruña42 dan a volta ao mundo.

A Maratón Atlántica deixounos unha gran cantidade de sensacións que permanecerán sempre no noso recordo, pero tamén unha cuantificación en números do que significou a súa celebración na nosa cidade, como por exemplo, o suficiente número de quilómetros percorridos entre todos os seus participantes, para dar a volta ao mundo.

Ademais de todas as satisfaccións persoais, dos retos logrados ou dos desafíos emprendidos por todos os participantes da Maratón Atlántica, Coruña42 deixou tamén ao longo dos seus 42.195 metros un récord de números, que do mesmo xeito que as grandes marcas figurará no seu historial.

No capítulo da participación, 1.073 corredores lograron acadar a cobizada medalla de finisher, entre as que se atopaban 58 participantes femininas, aumentando progresivamente esta porcentaxe con respecto á edición anterior. O total de participantes representou territorialmente a 10 países, con Portugal, Francia e EE. UU. á cabeza da participación máis numerosas dos 61 corredores, chegados destes 10 países. De fóra da comunidade galega estiveron presentes 27 provincias españolas, nas que destacaron pola súa participación, Oviedo, Madrid e Barcelona, e como non podería ser doutra forma, A Coruña salienta cunha participación de 736 corredores, seguida de Pontevedra con 181, Lugo con 85 participantes e Ourense con 72 atletas.

A cidade puido ser visitada por numerosos corredores, posto que 1 de cada 2 participantes non eran residentes nela, desta forma puideron percorrer 6 diferentes distritos polos que discorría a carreira, acompañados en todo momento polos 300 voluntarios que co seu inestimable labor colaboraban no bo desenvolvemento.

A carreira foi arroupada polos incansables ánimos que transmitían os 6.000 espectadores que se ían atopando os atletas ao longo do trazado urbano e polos 14 postos de animación, tanto musicais como en forma de masterclass distribuídos por todo o circuíto.

Pasar polos 9 postos de control establecidos nos 42 km., cada un ao seu ritmo e en moitos casos seguindo o tempo marcado por algunha das 9 “lebres” facilitadas pola organización, requiría unha gran cantidade de enerxía, que os participantes puideron repoñer nos 10 postos de avituallamento que atopaban cada 5 quilómetros.

Desta forma, os participantes renovaron as súas forzas en base aos 2.100 plátanos e 2.000 laranxas consumidas, 4.500 boliños de pan de noces e chocolate, xunto coas 1.500 bolsiñas de pistachos e 3.000 bolsiñas de xel enerxético, repartidos previamente na bolsa do corredor. No relativo á reposición de líquidos perdidos e para asegurar unha correcta hidratación, consumíronse 2.700 botellas pequenas de Powerade, 10.000 botellas pequenas de auga de 350 cc. e 1.100 botellas de auga de 1,5 l.

Os centos de corredores que presentaban unha media de idade de 40 anos entre os participantes masculinos, e de 39 anos nas participantes femininas, estiveron en todo momento protexidos ante calquera incidencia ou atención sanitaria requirida, por 7 médicos, 6 ambulancias, 10 desfibriladores, 2 vehículos de evacuación rápida e 1 UVI móbil, todo iso coordinado por 1 centro de comunicacións.

A Maratón Atlántica puido chegar a miles de persoas grazas á rede de comunicación formada por máis de 3.100 tweets, 1.842 Retweets, 3.032 marcados como favoritos e 1.500 mencións a través da rede social @Coruna42.

Pero sen dúbida, ademais destes números que como as grandes marcas están para ser batidos, quédanos o agradable recordo de todos os momentos vividos e a ilusión do futuro V Maratón Coruña42. Vémonos o vindeiro ano!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión