Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de abril de 2014

Os mellores momentos da IV Popular Torre de Hércules - II Trofeo José Antonio Varela Calviño, agora en vídeo

A carreira nocturna herculina, que reuniu máis de 2000 corredores, coroou a Ramón Serantes e Paula Mayobre como gañadores da proba, e brindou algunhas das imaxes máis belas coa subida dos atletas á base do faro romano. A competición, convertida xa na máis multitudinaria despois da Coruña10, xa pode rememorarse a través deste vídeo conmemorativo.

A IV Popular Torre de Hércules-II Trofeo José Antonio Varela Calviño deu un paso adiante nesta edición, consolidándose como a segunda proba máis multitudinaria, tras a Coruña10, con case 4000 corredores. A proba, que proclamou campións a Paula Mayobre e Ramón Serantes, respectivamente, pode agora repasarse a través deste vídeo conmemorativo, que nos mostra imaxes dunha carreira que marca o ecuador do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.

A Popular Torre de Hércules contou coa particularidade de que, debido ao horario da proba Absoluta, foi unha competición nocturna, na que os atletas alcanzaban a meta, ao pé do monumento Patrimonio da Humanidade á tardiña, ofrecendo preciosas imaxes para a posteridade nun enclave único. No documento audiovisual, ademais, poderanse rememorar o resto de carreiras, que abarcaron as categorías pitufos, benxamín, alevín, infantil e xuvenil. Unha boa forma de sumar expectación e ganas para a continuación do circuíto, que terá lugar o próximo 29 de xuño coa Cros Baixada San Pedro.

Acceda a través deste enlace ao vídeo da carreira

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión