Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de abril de 2016

Os grupos de animación da V Maratón Atlántica Coruña42 situaranse en 7 puntos do percorrido

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Cultura, Deportes e Coñecemento, informa de que xa se coñece a localización dos 7 puntos de animación -con grupos de música, danza e centros deportivos- que existirán ao longo do trazado do V Maratón Atlántica Coruña 42, que se celebrará este domingo 17 de abril.

A organización do Maratón Atlántica quere facer de novo partícipe á cidadanía desta gran festa do deporte e, con ese obxectivo, convocou un novo programa de AnimaciónCoruña42. Neste sentido, AnimaciónCoruña42 converteuse nunha referencia e nunha fórmula imitada noutras probas debido aos bos resultados e a acollida que ten tanto por parte dos corredores como do propio público que acode a seguir a carreira.

A actuación de cada un dos grupos seleccionados terá unha duración máxima de 240 minutos con posibilidade de catro descansos de 15 minutos cada un. O inicio do programa de animación será ás 08.30 horas, pero poderá variar de xeito gradual ata as 8:45 horas, en función de cada punto dentro do Circuíto, segundo se vaia aproximando o paso da carreira.

Clases maxistrais deportivas

  • Zumba&Bodycombat&Bodybalance Termaria

Localización: (Punto 1) Rúa Manuel Murguía (Casa da Auga).

  • Masterclass Amartya

Localización: (Punto 2) Diante do Pazo dos Deportes de Riazor.

Grupos musicais

  • XeRock

Localización: (Punto 3) Avda. Barrié de la Maza (Coraza do Paseo Marítimo).

  • Miguel Alonso

Localización: (Punto 4) Rúa Matadero (Fonte Surfistas – Paseo Marítimo).

  • Los Neno Rock

Localización: (Punto 5) Aquarium Finisterrae - Paseo Marítimo.

Grupos de baile

  • Alianza Rebelde

Localización: (Punto 6) Cantón Grande (Obelisco).

  • Capoeira Coruña

Localización: (Punto 7) Cantón Pequeno (Praza de Mina).

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión