Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2015

Os grupos de Animación Coruña42 xa coñecen a súa localización no trazado

A colocación dos 15 puntos de animación que amenizarán a cuarta edición do Maratón Atlántica a público, asistentes e corredores, sorteáronse nun acto no que estivo presente o concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude Francisco Mourelo, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Mariel Padín, e Juan José Rubio, director de Fiabilidade e Mantemento da Refinería de Repsol, entidade que patrocina o programa de animación.

Os grupos que compoñen o programa de #AnimaciónCoruña42 xa coñecen a súa localización no percorrido da cuarta edición de #Coruña42 que se realiza o próximo 19 de abril. O sorteo realizouse no EIX (Espazo de Iniciativas Xuvenís) nun acto presidido polo concelleiro de Deportes Francisco Mourelo, a vicepresidencia da Deputación, Mariel Padín, e Juan José Rubio, director de Fiabilidade e Mantemento da Refinería de Repsol de Coruña, que ademais volverá exercer como patrocinador do programa.

Francisco Mourelo quixo destacar o carácter de "referencia" de #AnimaciónCoruña42 como unha fórmula imitada noutras probas polos bos resultados e acollida que estaba a ter tanto por parte dos corredores como do propio público que acode a seguir a carreira.

Así mesmo lembrou que, coma en pasadas edicións, volverá convocarse a votación por medio de Twitter para escoller os tres grupos de animación gañadores. As bases, coma en anteriores ocasións, manterán a votación unha semana, dende a realización do maratón. Poderán votar unicamente seguidores da conta de @Coruna42, admitirase só un voto por día e será a través dun hashtag indicativo de cada un, que facilitará a propia organización, excepto no caso de Locais de Ensaio, que ao agrupar varios grupos compartirá etiqueta. Para que o voto sexa válido será necesario usar ese hashtag, xa que será así como o programa informático o poderá contabilizar.

Tras o sorteo, os grupos de #AnimaciónCoruña42 quedaron situados no trazado da carreira da seguinte forma:

MasterClass deportiva

  • Bokwa&Zumba Galicia Team: Paseo Marítimo Coiraza
  • San Diego Zumba: Paseo Marítimo. Fonte dos Surfeiros
  • Capoeira Coruña: Explanada Riazor
  • Mahashaki Yoga: Salgado Torres (cambiou localización co grupo The Decoders por motivos de loxística)
  • Sospechosos Habituales: Torre de Hércules. Aparcadoiro

Grupos musicais

  • Four Strikes: San Roque de Afuera
  • Miguel Alonso: As Lagoas
  • The Decoders: Parque Alfonso IX
  • Locais de Ensaio (Say my name, Jules&TheWolf, The Sonic Headlight, Avézar, Almakoa, Us In the mirror, Bears&Beers): Casa Sol e Ramón y Cajal
  • The Pyjamas: Praza da Fábrica de Tabacos
  • Rocket King: Zona Portuaria San Diego
  • Daniel Royo: Praza Pontevedra

Ao variar o trazado este ano, comunicáronselles aos grupos as variacións nos horarios de actuación, xa que hai dúas zonas diferenciadas, con dúas voltas en cada unha delas. Así mesmo, grazas ao compromiso e a colaboración de Repsol Refinería A Coruña a dotación de orzamento para gastos dos grupos crecerá nesta edición.

Os diferentes grupos tiveron que asinar os compromisos en base ao regulamento e a total aceptación das súas bases e lembróuselles que poderán recoller a súa acreditación por grupo e a súa certificación de vehículo para poder acceder ao momento de animación e realizar a montaxe na #Exporunning de Palexco o venres día 17 de 17 a 22 horas e o sábado 18 de 10 a 22 horas.

#AnimaciónCoruña42 xa ten os seus grupos preparados e ensaiando para o Maratón Atlántica. O seu compromiso, volver levar os runners polo aire cara á meta de #Coruña42 e amenizar tamén unha xornada deportiva e festiva a toda a cidade.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión