Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de outubro de 2014

Os finisher dos Rosales inscritos en Coruña Corre comezan a súa colección en Novo Mesoiro

A segunda proba do Circuíto Coruña Corre, que se disputa este domingo ás 10.00 horas no barrio de Novo Mesoiro, prepara unha distinción especial para os finisher da primeira cita. Se na segunda edición do circuíto obsequiamos na Gala final cun estoxo a todas as persoas que lograron completar as seis carreiras, este ano o premio ao esforzo gañarase carreira a carreira. O domingo en Novo Mesoiro entregarase a medalla conmemorativa da Popular Os Rosales a todos os que chegaron á meta e, por suposto, están inscritos no circuíto. Facilitarase a recollida nun posto e os runners deberanse identificar con DNI e número de dorsal para conseguir a súa presea e comezar a súa colección.

A #PopularNovoMesoiro será unha gran festa deportiva este domingo día 2 a partir das 10.00 horas, non só por ser a segunda cita do Circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre, senón porque os finisher da #PopularLosRosales e inscritos no circuíto #CoruñaCorre poderán recoller o premio ao seu esforzo ao ter lograr traspasar o arco de meta da primeira cita. Habilitarase un posto no que os galardoados, debidamente identificados co seu DNI e número de dorsal, poderán recoller en horario por determinar a medalla de finisher de #PopularLosRosales.

A presea entregaráselles a todas as persoas corredoras inscritas no circuíto e que finalizasen a primeira proba excepto no caso da categoría pitufos, grupo de idade que xa recibe medalla por participar en cada unha das carreiras e que, do mesmo xeito que na gala de pasada edición, a organización premiará a todos os corredores finisher das seis probas nese grupo de idade cun peluche personalizado como obsequio.

A presea de finisher da #PopularNovoMesoiro entregarase na seguinte cita, a #PopularTorredeHércules, do próximo 27 de marzo, a todos aqueles que completasen as dúas primeiras citas e estean inscritos no circuíto, e así sucesivamente ata chegar á última proba do dito circuíto, a Volta Oza, do próximo 9 de agosto. Os runners que finalizasen as cinco probas anteriores e que estean anotados ao circuíto recibirán na gala de #CoruñaCorre a última presea e o estoxo conmemorativo que os acredite como corredores finisher das seis carreiras do circuíto e onde poderán gardar e expoñer as medallas coleccionadas co seu esforzo.

A organización de #CoruñaCorre quere premiar así o esforzo dos participantes finisher e inscritos no circuíto en cada unha das probas, para que con cada nova cita teñan como aliciente recibir a medalla que acredite que lograron finalizar a competición. Unha forma de ir mostrando as súas fazañas ao longo de todo o circuíto e un acicate para asumir cada un dos cinco retos que aínda quedan por diante aos participantes de #CoruñaCorre, que este ano cumpre a súa terceira edición.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión